O PP vota no Parlamento contra o acordo co Comité de Empresa do CHUOU

O PP vota no Parlamento contra o acordo co Comité de Empresa do CHUOU

O PP vota no Parlamento contra o acordo co Comité de Empresa do CHUOU

CHUOA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao PP de votar no Parlamento contra o acordo entre o Sergas e o Comité de Empresa do CHUOU. Así o dixo logo de que o grupo maioritario rexeitara cos seus votos unha proposta socialista que recollía expresamente os termos do dito acordo.

A deputada socialista acusou ao goberno galego de evidenciar que, logo do acordo asinado para desconvocar a folga no centro sanitario, “ou esconden algo ou de transparencia e democracia nada de nada, só asinaron un paripé para enganar á cidadanía”.

Acuña reclamou o voto separado das propostas incluídas no dito acordo, instando ao goberno galego a cumprir cos compromisos acadados co comité de folga de Ourense para contratar a máis de 30 médicos e médicas para o CHUOU con contratos estables, malia o que a iniciativa foi rexeitada polo PP.

Esixiu o remate das prácticas fraudulentas de contratación na administración pública sanitaria porque “non pode ser que a Inspección de Traballo teña que andar detrás para que lle pague á caixa común da Seguridade Social”.

Esixiu o “remate inmediato” dos contratos “de un día nos que se cobren tres ou catro quendas, dúas horas no laboratorio e despois unha hora na UCI, logo outra na planta de trauma para finalizar cos neonatos”. Alertou que “iso non da calidade nin seguridade á atención sanitaria, e dende logo é intolerable para a persoa traballadora”.

Acusou ao goberno galego de converter aos centros sanitarios de Ourense en “almacéns de doentes sen material nin persoal” para atendelos. Así o dixo no debate dunha moción coa que os socialistas galegos presentaron trece propostas para recuperar a sanidade pública da provincia.

A deputada socialista dixo que son os recortes impostos polos gobernos do PP os que “provocan colapsos continuados das urxencias”, que xunto cunha “nefasta xestión” da xerente da área sanitaria de Ourense, Eloína Núñez, de “amontoar” aos doentes “non para atendelos senón para escondelos”.

Proposta

A deputada socialista reclamou hoxe o nomeamento dun interlocutor para participar na Comisión de Seguimento do conflito do CHUOU “que non sexa a xerente da área sanitaria”, porque “xa non é crible para os profesionais”. Tamén reclamou a relación de vacantes por xubilación en toda a provincia en atención primaria e hospitalaria.

Acuña solicitou tamén a recuperación dos profesionais sanitarios da quenda de Urxencias e a dotación de profesionais e camas ao Servizo de Medicina Interna, ademais de cubrir as vacantes xeradas por xubilación, libranza, comisión de servizo ou vacacións en tódalas categorías profesionais “con contratos estables e legais”.

Sinalou que unha provincia como Ourense require contar cunha boa atención primaria, e para iso é necesario dotala da infraestrutura, os recursos humanos e materiais precisos tal e como se contemplaba no plan de mellora orixinal”. Así mesmo, reclamou “solucións para os doentes psiquiátricos crónicos recuperando o plan de saúde mental” xa que, alertou, “non chega con baleirar psiquiátricos obsoletos como era Toén”.

A proposta socialista incluía facer efectivo o acordo para implantar a garda localizada para radioloxía intervencionista e “que fagamos caso dos expertos e que a sala de hemodinámica estea operativa as 24 horas”. Acuña propuxo dotar ao CHUOU de Xeriatría e recuperar a unidade de Psicoxeriatría e as camas sociosanitarias na planta pechada do Hospital de Piñor, así como recuperar Cirurxía Pediátrica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar