O PP vota en contra de que o Parlamento solicite a retirada do recurso ante o Constitucional sobre a Lei do aborto de 2010

O PP vota en contra de que o Parlamento solicite a retirada do recurso ante o Constitucional sobre a Lei do aborto de 2010

O PP vota en contra de que o Parlamento solicite a retirada do recurso ante o Constitucional sobre a Lei do aborto de 2010

acuñaO partido Popular votou hoxe en contra na Comisión de Sanidade a unha iniciativa para que o Parlamento de Galicia solicitase a retirada do recurso ante o Tribunal Constitucional sobre a actual Lei de Aborto.

A portavoz de Igualdade dos socialistas galegos na Cámara, Carmen Acuña, defendeu hoxe unha proposición non de lei sobre os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e aceptou unha emenda do BNG, que demandaba un posicionamento en contra do recurso ante o Constitucional. O grupo do PP votou en contra desta posibilidade.

“Agora que retiraron o proxecto de lei, que retiren tamén o proxecto ante o Constitucional, Rajoy e Feijóo agóchanse tras o cadáver de Gallardón pero non din o que pensan realmente”, afirmou Acuña.

Os socialistas apoiarán este domingo as mobilizacións en defensa dos dereitos sexuais das mulleres e volveron a pedir que 1 de febreiro se declare Día europeo dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.

O PSdeG denuncia desde hai meses que o PP fixo unha derrogación de facto da lei de 2010, coa redución dos centros de planificación familiar, as críticas contra as clínicas autorizadas e a estigmatización das mulleres que deciden abortar, “poñen trabas ao dereito a decidir das mulleres e cuestionan que sexamos titulares de dereitos fundamentais”.

“Aquí en Galicia temos un presidente, Núñez Feijóo, que demostrou na votación no Parlamento sobre este tema que apoia as teses de Gallardón, a Xunta anunciou que enviaría un informe ao Goberno central e aínda non coñecemos o seu contido; falamos de ciencia e de saúde, non de ideoloxía”, engadiu Acuña.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar