O PP vota en contra de cumprir a Lei ao rexeitar unha moción socialista para que a Xunta responda ás solicitudes de información

O PP vota en contra de cumprir a Lei ao rexeitar unha moción socialista para que a Xunta responda ás solicitudes de información

O PP vota en contra de cumprir a Lei ao rexeitar unha moción socialista para que a Xunta responda ás solicitudes de información

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que o voto do PP en contra dunha moción socialista para que a Xunta responda ás solicitudes de información da oposición supón que “votan en contra de cumprir a Lei”. No debate desta iniciativa no Pleno do Parlamento advertiu que “demostran que mais alá dunhas fotos indecentes había tráfico de influenzas” entre Feijóo e o narcotraficante amigo seu Marcial Dorado.

 

O responsable socialista reclamou a través desta iniciativa “que se cumpra a Lei” que obriga ao goberno a responder ás solicitudes formais de información requiridas polos grupos parlamentarios dentro da súa labor de oposición. Losada dixo que as supostas respostas do goberno galego en realidade son “basura porque é mentira, un insulto aos representantes dos cidadáns desta Comunidade Autónoma”.

 

O debate foi suscitado logo da polémica polos contratos da Xunta coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado, nos anos 90, que foron requiridos pola oposición e o goberno galego aínda non enviou. Losada acusou ao goberno galego e ao PP de “tomarnos por parvos nas respostas” que remiten.

 

Mentiras de Feijóo

 

Lembrou que o propio Feijóo anunciara que a documentación fora destruída, o que foi desmentido horas despois polos altos cargos da Xunta, co que acusou ao presidente da Xunta de “vir a mentir ao hemiciclo” logo de coñecerse as “fotografías inmorais, indecentes e impropias cun narcotraficante”.

 

Abel Losada dixo que “si a documentación existe que se envíe –ao Parlamento-, e si non existe e se destruíu expliquen quén ordenou e con qué criterios” ademais de que, engadiu, “si se destruíu é porque había algo que agochar”. Sinalou que “a transparencia e a calidade democrática mídense polos actos dos gobernos”.

 

O parlamentario socialista citou a obra Hamlet, do literato inglés Shakespeare, para sinalar que “algo cheira a podre en Dinamarca” e que “para peixes de verdade mellor anzois de mentiras” nun caso “que ten tódolos ingredientes da novela negra”.

 

Apuntou así ás ordes dadas misteriosamente á policía para dirixirse a un xuíz para que protexera a Feijóo, con conversas escoitadas pero non transcritas, xuíces que non informaron delas e que despois obtiveron nomeamentos como altos cargos políticos”.

 

Iniciativa

 

Losada criticou que o PP votara contra o cumprimento da Lei ao rexeitar unha moción que literalmente pedía “cumprir a normativa en vigor e facilitar, en tempo e forma, a información e documentación solicitada polos deputados e deputadas da Cámara galega”.

 

Esta proposta reclamaba tamén “dar traslado da documentación pendente de recibir respecto ás solicitudes realizadas, incluíndo a correspondente á relación existente entre a Administración autonómica co entramado de empresas de Marcial Dorado, dada a súa relación de amizade co actual presidente do goberno autonómico cando este ocupaba un alto cargo na Consellería de Sanidade”.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar