O PP vota contra o cumprimento da Lei de Inclusión Social de Galicia

O PP vota contra o cumprimento da Lei de Inclusión Social de Galicia

O PP vota contra o cumprimento da Lei de Inclusión Social de Galicia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, advertiu hoxe que o PP votou no Pleno do Parlamento de hoxe contra unha moción socialista que “tan só pedía o cumprimento da Lei de Inclusión Social de Galicia”. Así o dixo no debate desta iniciativa, na que constatou que “o goberno galego presenta unha axenda social que en realidade é unha mera axenda electoral”.

A iniciativa socialista incluía a publicación do decreto de desenvolvemento regulamentario da Lei, que foi aprobada en 2013 e que deberan terse publicado aos seis meses da súa entrada en vigor. Gallego denunciou que o conselleiro de Política Social recoñecera na súa comparecencia de hoxe que o desenvolvemento da Lei “non era prioritario”, o que vén de ratificar o PP rexeitando esta norma.

A deputada socialista sinalou a negativa do PP e do goberno galego a executar a “obriga legal” que eles mesmos se impuxeron nunha norma realizada polo goberno galego e aprobada polo PP. Evidencia, dixo, que a Xunta “quere facer plans e axendas sen obxectivos nin medidas verificables nin medibles para seguir en campaña e non preocuparse das persoas sen ingresos ás que Feijóo non ofrece ningunha solución”.

Gallego lembrou que hoxe hai en Galicia 38.300 fogares nos que non entra ningún ingreso, e tan só 10.000 persoas que perciben a Renda de Integración Social de Galicia –Risga-, unha bolsa de poboación desatendida e esquecida polo goberno galego da que non quere dar parte.

A deputada socialista reclamou na súa iniciativa analizar as causas polas que existe esta poboación sen ingresos nin prestacións para poder deseñar e poñer en marcha de forma urxente un plan de choque de loita contra a pobreza e a exclusión social dirixido a estas persoas.

Eivas

Carmen Gallego criticou que a norma tan só supoña un “mero interese electoralista” para o PP e o goberno galego, como demostra a súa falla de interese polas eivas demostradas na política social do goberno galego derivadas de manter a norma sen desenvolver. Aludiu así á discrecionalidade na prestación das axudas de inserción social, nas que o goberno está a aplicar de forma opaca criterios que non foron explicitados na Lei.

Criticou que a Xunta utiliza este baleiro legal e unha excesiva burocratización “para non entregar a renda a determinadas persoas”, co que persoas empadroadas en habitacións con dereito a cociña non poden dispoñer da Risga. Sinalou tamén ás persoas maiores cunha prestación por discapacidade insuficiente para acadar unha contía mínima de supervivencia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar