O PP vota contra a supresión do taxazo de Sogama

O PP vota contra a supresión do taxazo de Sogama

O PP vota contra a supresión do taxazo de Sogama

SogamaA portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lamentou o veto do PP a unha proposición non de Lei que presentou hoxe o PSdeG na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento para que a Xunta suprima a suba do canon de Sogama e lles devolva aos concellos as contías cobradas de mais.

A responsable socialista cualificou de “acaída e responsable” esta iniciativa que instaba ao goberno galego a “non repartir entre os socios de Sogama os 7,8 millóns de euros de beneficios e os 27 millóns de dereitos de cobro”. Advirte as sospeitas de ilegalidade desta suba, que provocou que o Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense presentara unha cuestión de inconstitucionalidade.

Advertiu que, de acordo con este xuíz, a suba do canon a través das leis de Orzamentos de 2014 e 2015 impide o recurso á xustiza ordinaria –por darlle rango de Lei- e vulnera o principio de autonomía local e a lexislación básica estatal sobre contratos públicos. Preguntou “que vai pasar se o Tribunal Constitucional declara ilegal a suba”.

Beneficios

Vilán lembrou que o goberno de Feijóo subiu unilateralmente o canon de Sogama nun 23,5 por cento dende 2013, malia que a entidade obtivo 7,8 millóns de euros en beneficios logo de impostos en 2015, logo de que o ano pasado percibira 55,9 millóns de euros dos concellos e 49,4 da venda de enerxía. Ademais, a empresa poderá percibir 27 millóns de euros adicionais como dereitos de cobro por producir electricidade.

A deputada socialista sinalou que “o negocio está no tratamento dos residuos a cargo dos concellos, e polo tanto a cargo de tódolos cidadáns”, grazas a unha decisión “inxusta, inxustificada e desproporcionada” do goberno de Feijóo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar