O PP volve ao franquismo coa Lei Mordaza

O PP volve ao franquismo coa Lei Mordaza

O PP volve ao franquismo coa Lei Mordaza

Grupo SocialistaA portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou hoxe ao PP de “volver ao franquismo” a través da Lei Mordaza. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para rexeitar esta norma aprobada polo PP en solitario para “vulnerar as liberdades e dereitos fundamentais da cidadanía”.

A deputada socialista dixo que o PP “volve ao estado policial que silencia a liberdade de reunión, a libre asociación, os dereitos laborais, a presunción de inocencia ou o dereito á tutela xudicial efectiva”. Malia que o grupo maioritario rexeitou a proposta socialista, subliñou que “poden estar seguros de que o pobo e a sociedade civil saben perfectamente o que é a democracia e silenciarán as súas regras de maioría absolutista”.

Sestayo concedeulles o título de “líderes do pisoteo continuo á Constitución”, a través dunha Lei que “atropela os dereitos constitucionais de reunión, asociación, á intimidade ou ao honor”. Engadiu que “utilizan a forza da sen razón para acalar á xente a través de taxazos xudiciais, recortes e mordazas” e rexeitan unha iniciativa socialista concibida para “defender unha democracia construída entre todos e todas”.

Explicou que esta norma permitirá “castigar con ata 30.000 euros” ás manifestacións contra os desafiuzamentos, ou “multará aos cidadáns que difundan imaxes de antidisturbios golpeando innecesariamente aos manifestantes”. A deputada socialista advertiu que a norma “multa a quen filma e denuncia unha agresión en lugar de poñer o acento en impedir os abusos de poder”.

Ademais, a Lei “considera unha ameaza para a seguridade cidadá negarse a amosar o DNI” e, en definitiva, unha suma de restricións “que nos fan retroceder anos na loita polos dereitos e liberdades”. Explicou que a norma que quere impor o PP vulnera os dereitos constitucionais de reunión, asociación ou liberdade sindical, ao coartar e suprimir os dereitos de libre manifestación.

Sestayo explicou que con esta norma, en lugar de resolver a situación das persoas desafiuzadas, os castigan por protestar, mentres “o problema non é que se autorice ou ordene aos axentes da autoridade a abusar do poder, senón que castigan a quen difunda as imaxes dos antidisturbios golpeando aos manifestantes”.

A partir dea gora, explicou, quen se concentre diante do Parlamento, as empregadas que non perciben salario concentradas no Cantón de Molíns, en Ferrol, ou traballadores de Navantia que protestan por ser despedidos irregularmente serán castigados con ata 30.000 euros de multa, e as persoas que saian do seu centro de traballo sen o DNI serán “tratados como terroristas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar