O PP veta utilizar para reforzar políticas sociais os 62 millóns adicionais de capacidade de gasto

O PP veta utilizar para reforzar políticas sociais os 62 millóns adicionais de capacidade de gasto

O PP veta utilizar para reforzar políticas sociais os 62 millóns adicionais de capacidade de gasto

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao PP de “atender ás contas e non ás persoas”. Así o dixo logo de constatar o veto á proposición de Lei do Grupo Socialista para utilizar no reforzo dos servizos sociais a décima adicional de teito de gasto autorizada polo Consello de Política Fiscal e Financeira, o que suporía 62 millóns de euros.

A responsable socialista demandou que “pensen máis no corazón e menos nas contas” e reprochoulle ao goberno galego que “non esgoten os recursos” para mellorar a situación precaria de gran parte dos galegos e das galegas nin impulsar a empregabilidade, perpetuando un “modelo político e social inxusto”. Lembrou que hoxe Galicia ten 73.900 fogares con tódolos membros en paro e 36.000 sen ingresos.

Esta é a medida, dixo, do fracaso das políticas sociais do goberno galego, que conta cun dos servizos sociais máis deficientes do Estado, na cuarta comunidade pola cola do Estado de acordo co índice de desenvolvemento de servizos sociais.

Os socialistas reclamaron hoxe o incremento do orzamento da Risga en 29 millóns de euros, ata un total de 86,5, para atender a 5.000 beneficiarios máis e incrementar as contías nun 20 por cento. Rodríguez Rumbo lembrou que no que vai de ano xa tiveron que aumentar o orzamento destas axudas en dúas ocasións, o que demostra o fracaso das políticas públicas da Xunta, ao aumentar o número de persoas en dificultades.

A proposta socialista incluía ademais aumentar a partida do servizo de axuda ao fogar para Dependencia en 14 millóns de euros, ata os 73,4 millóns e as libranzas vencelladas aos Servizos Sociais e coidados do entorno en 14 millóns de euros ata os 74,8. Estes 30 millóns de euros permitirían, explicou, atender aos 17.000 dependentes de Galicia que permanecen en lista de agarda.

O responsable socialista explicou que a proposta socialista incluía 1,7 millóns de euros para apoiar a familias e institucións sen fins de lucro para garantir a vida independente de discapacitados mozos.

Ademais, solicita outros 2,8 millóns de euros para ampliar as prestacións familiares para coidado de fillos para as familias con máis dificultades. Os socialistas propoñen duplicar os fondos desta partida para conceder estas axudas a familias con rapaces ata 6 anos –actualmente rematan aos 3 anos- co obxectivo de aumentala gradualmente ata que os menores cumpran os 16 anos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar