O PP veta unha proposta socialista para desbloquear o plan de uso da bicicleta anunciado pola Xunta en 2011

O PP veta unha proposta socialista para desbloquear o plan de uso da bicicleta anunciado pola Xunta en 2011

O PP veta unha proposta socialista para desbloquear o plan de uso da bicicleta anunciado pola Xunta en 2011

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lamentou o veto do PP na Comisión de Medio Ambiente a unha proposta socialista para pedirlle á Xunta que aprobe o Plan Director de Mobilidade Alternativa anunciado por este mesmo goberno en 2011. A proposición non de Lei foi rexeitada polo PP na sesión da Comisión celebrada esta mañá.

Patricia Vilán sinalou que daquela o propio goberno recoñecía “unha escasa presenza de infraestruturas para a bicicleta”, con tan só 118 quilómetros de vías acaídas, e outros 113 en planificación. A responsable socialista reclamou “datos concretos, específicos e actualizados” para coñecer a situación das infraestruturas para estes vehículos, que “en calquera caso non melloraron, dada a parálise e insensibilidade do PP e do Goberno”.

Acusou ao PP de “non estar pola labor de favorecer o medio ambiente e o uso da bicicleta” ao rexeitar unha proposta “dirixida a impulsar unha iniciativa e un compromiso asumidos por eles mesmos”. Os socialistas levaron esta proposta trasladando a demanda da asociación “Pedaladas”, a quen “tristemente teremos que trasladarlles este novo veto do PP”.

Vilán reclamaba a aprobación do dito Plan nesta mesma Lexislatura, logo dunha fase de consulta, co obxectivo de crear unha rede de infraestruturas ciclistas interurbanas e metropolitanas, a remodelación das vías para priorizar a seguridade dos ciclistas, programar estratexias complementarias para substituír ao automóbil e consolidar un marco institucional normativo favorable á mobilidade alternativa.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar