O PP veta unha proposta para incrementar a xubilación dos traballadores do mar

O PP veta unha proposta para incrementar a xubilación dos traballadores do mar

O PP veta unha proposta para incrementar a xubilación dos traballadores do mar

O portavoz de Marisqueo do grupo socialista, Julio Torrado, defendeu unha proposición non de lei en comisión parlamentaria para que a Xunta se dirixa ao Goberno de España coa fin de modificar o Réxime Especial da Seguridade Social dos traballadores e traballadoras do mar, unha proposta que foi rexeitada polos votos en contra do PP. Torrado apuntou á “penosidade” deste traballo, con “humidade, frío e actividade física esixente e prolongada” como “elemento chave” para incrementar a un 0,15 o coeficiente redutor para a xubilación que se lles aplica aos homes e mulleres que traballan como mariscadores, percebeiros e recolledores de algas.

Outro dos puntos defendidos polo socialista, que tamén foi rexeitado polo PP, pedía “estudar a viabilidade dun sistema de tramos de acollemento voluntario”, que permita aos traballadores e traballadoras “optar por un incremento da súa cotización” para aumentar tamén o seu coeficiente redutor. Como exemplo, Torrado lembrou que o coeficiente redutor na Marina Mercante é de ata o 0,40, mentres que o dos mariscadores e mariscadoras é do 0,10, e reprochou que o goberno do PP non tivese aproveitado a oportunidade de reformulalo na lei 47/2015.

O socialista destacou tamén que este sector é un “medio fundamental de vida” para milleiros de persoas en Galicia, e que aínda que é unha actividade cíclica os traballadores non deben pagar esa circunstancia, que tamén se dá en moitas ocasións na agricultura. Así mesmo, apuntou que hai unha habitualidade e moito traballo non remunerado coa limpeza de algas, a sembra ou a vixiancia. Co aumento do coeficiente redutor proposto polos socialistas, unha mariscadora que leve 30 anos traballando e que hoxe tería que xubilarse aos 62 anos pasaría a xubilarse aos 60,5, exemplificou Torrado. Segundo os cálculos do socialista, este cambio suporía un custo anual de algo máis dun millón de euros, unha cantidade “asumible” para darlle ao sector este recoñecemento e “darlle saída a unha demanda xusta”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar