O PP veta un plan para a incorporación de pediatras ante o déficit na atención sanitaria a nenos e nenas

O PP veta un plan para a incorporación de pediatras ante o déficit na atención sanitaria a nenos e nenas

O PP veta un plan para a incorporación de pediatras ante o déficit na atención sanitaria a nenos e nenas

O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, solicitou un plan para a incorporación progresiva nos vindeiros cinco anos de especialistas en pediatría ante o “déficit” de profesionais para a atención dos nenos e nenas en Galicia, así como un protocolo de transporte pediátrico que atenda a toda a poboación e permita traslados ata os hospitais, unha iniciativa que foi rexeitada polo PP. Torrado reclama unha “atención especial e prioritaria” no servizo pediátrico do Sergas, no que existe “un problema de calidade froito dun déficit no número de especialistas e na formación”.

O socialista destaca o “trato diferenciado” que debe ter a pediatría por afectar a nenos e nenas, e lamenta os problemas que está a sufrir esta especialidade en toda Galicia debido “aos recortes e a falta de persoal”, ao que se suma a non reposición de prazas na época de vacacións ou en caso de baixas ou a substitución por médicos de familia, o que causa complicacións con diferentes problemáticas en centros como por exemplo entre moitos outros os de Verín, O Pino, Baltar (Sanxenxo), Silleda, Galeras (Santiago) ou Dena (Meaño), dixo.

A oferta de dez prazas de pediatría por parte da Xunta é “moi insuficiente”, di o socialista, que reclama ademais unha “reorganización” do sistema ante a “falta de previsión” e de coordinación. Así, puxo como exemplo o caso do centro de Novo Mesoiro, na Coruña, onde non se substitúe o pediatra a pesar de ser o centro “con máis nacementos e máis poboación escolar de Galicia”.

Asimesmo, Torrado alerta de “problemas de espera de varios meses” en cirurxía pedriática en Vigo, debido á perda de atención neste servizo no CHUOU, polo que as urxencias son derivadas á cidade olívica. Neste caso, os socialistas solicitan os recursos necesarios para que este servizo estea activo as 24 horas do día en Ourense. Torrado lembra tamén a “necesidade” de incorporar un protocolo de transporte pediátrico en Galicia, segundo un recente estudo con orixe no propio Sergas, para o traslado de nenos e nenas ou casos específicos como neonatos ata os grandes hospitais cando sexa preciso.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar