O PP veta un Plan de Saúde Renal de Galicia e reducir a privatización de diálises

O PP veta un Plan de Saúde Renal de Galicia e reducir a privatización de diálises

O PP veta un Plan de Saúde Renal de Galicia e reducir a privatización de diálises

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, considera “inxustificable” o veto do PP ás propostas socialistas para pedirlle á Xunta un Plan de Saúde Renal de Galicia e a redución das concertacións dos servizos de diálise coas entidades privadas. As iniciativas foron presentadas na Comisión de Relacións co Consello de Contas seguindo as recomendacións do informe presentado por este ente sobre a actividade concertada de diálise.

Acuña lembrou que Galicia atópase a día de hoxe nos primeiros postos de privatización de servizos sanitarios do Estado, xunto con Madrid e Cataluña, unha tendencia da que tampouco se libra o servizo de diálise. De acordo co informe do Consello de Contas, este servizo estase a prestar recorrendo demasiado ás contratacións privadas e “contratando de forma diferente en función de quén e ónde preste o servizo”.

Por iso reclamoulle ao goberno que adquira as infraestruturas necesarias para asumir a prestación do servizo nos centros públicos, prescindindo paulatinamente das concertacións con empresas privadas e solicitou a equiparación de prezos e condicións do servizo, “rematando coa Torre de Babel das diálises”. As dúas propostas foron rexeitadas polo PP.

Tamén rexeitaron a proposta socialista para que o goberno realice “un estudo detallado do custe total que supón cada un dos diferentes procesos terapéuticos que se utilizan na diálise” e establecer unha comparativa coas diferenzas entre o custe do servizo prestado a través da rede pública e da concertada.

Cámaras de Comercio

No debate de hoxe, que tamén abordou o informe de fiscalización do Consello de Contas sobre as cámaras de comercio de Galicia, os socialistas presentaron a reprobación da “falla na labor de tutela da Xunta” sobre estas entidades. Ademais, propuxeron “as actuacións necesarias para a corrección das anomalías detectadas nas ditas institucións cumprindo coas recomendacións realizadas polo Consello de Contas de Galicia”.

Tamén reclamaron unha proposta da Xunta “para unha maior cooperación ou integración das Cámaras de Comercio, en colaboración co Consello Galego de Cámaras de comercio, Industria e Navegación”. As dúas propostas foron tamén rexeitadas polo PP, que tampouco neste caso quixo seguir as recomendacións formais feitas polo ente fiscalizador.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar