O PP veta prohibir cláusulas anti-embarazo para as mulleres deportistas

O PP veta prohibir cláusulas anti-embarazo para as mulleres deportistas

O PP veta prohibir cláusulas anti-embarazo para as mulleres deportistas

O portavoz de Administración Autonómica do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, instou hoxe ao goberno galego a “poñer coto” ás coñecidas como “cláusulas anti-embarazo” que penden sobre algunhas mulleres deportistas. O PP vetou esta proposta presentada a través dunha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria.

Díaz Villoslada criticou que o PP “vai contra toda política de igualdade” e mesmo contradí a liña marcada polo actual secretario de Estado de Estado para o Deporte e ex secretario xeral para o Deporte en Galicia, José Manuel Lete, quen na súa toma de posesión aseguraba que non consentiría estas cláusulas.

O responsable socialista denunciou esta “práctica laboral abusiva contraria a todo dereito” pola cal os clubes deportivos que contratan a mulleres consideran como “deficiente conduta profesional” que estas queden embarazadas e resérvanse o dereito a resolver o contrato. O responsable socialista sinala que se trata dunha “discriminación directa por razón de sexo”, ilegal e que debe supor a cláusula “nula de pleno dereito”.

Os socialistas galegos levaron ao Parlamento a denuncia destas prácticas por parte da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas –Mudega-, detectada en primeiro lugar en clubes de baloncesto feminino e que “vulnera de forma flagrante o dereito laboral e, sinaladamente, é contraria ao principio constitucional de igualdade”.

Sinalou que “sexa por acción ou por omisión, o que parece claro é que determinados xestores de entidades deportivas non están á altura do sacrificio que realizan as profesionais do deporte”. Lembra que estas “aínda priorizando á súa carreira profesional, están no seu lexítimo dereito de poder conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral”.

Propostas

O portavoz socialista reclamáballe á Xunta que desenvolvera de inmediato “todas as actuacións precisas perante os clubes, as federacións galegas deportivas e, se proceder, ante a autoridade laboral, para prohibir e, no seu caso, declarar nulas as cláusulas “anti-embarazo” nas mulleres deportistas”.

Tamén reclamaba que lle dera conta destas prácticas laborais discriminatorias coas mulleres deportistas ao Consello Superior de Deportes –CSD- para que adopte todas as iniciativas lexislativas, federativas e de inspección laboral precisas para erradicar estas cláusulas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar