O PP veta o plan socialista para reducir a temporalidade do emprego público nun 3% anual ata 2020

O PP veta o plan socialista para reducir a temporalidade do emprego público nun 3% anual ata 2020

O PP veta o plan socialista para reducir a temporalidade do emprego público nun 3% anual ata 2020

O portavoz de función pública e administración autonómica do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, esixiulle hoxe ao goberno galego que aprobe de inmediato a oferta pública de emprego para 2017, que suprima as taxas de reposición nesta convocatoria e que aprobe un programa de consolidación de emprego que reduza as taxas de temporalidade –e non de interinidade- nun 3% anual durante tres anos. Todas estas propostas foron rexeitadas polos votos en contra do PP.

 

“Deixen de dar máis voltas con este tema, xa está ben de marear”, afirmou o socialista, que pide o “desbloqueo” de toda a oferta de emprego publico, como a de sanidade e xustiza, e non só a de educación.

 

Tras a “chantaxe política” que “esgotou os calificativos” por parte dos sindicatos, os estudantes e a oposición, o PP “estase emendando todos os días”, dixo, polo que pediu “un pouco máis de rigor” á hora de falar dun tema que afecta a máis de 15.000 opositores en Galicia. “Deixen de chantaxear e busquen acordos sinceiros polos servizos públicos”, reclamou. “Saben, e sabían, que as oposicións podían ser aprobadas legalmente cos orzamentos prorrogados e que ante calquera dúbida podían acudir a un decreto, como xa fixeron para recortar dereitos no 2012”.

 

Villoslada pediu “deixar que a comunidade teña autonomía para deseñar as políticas de servizos públicos”, e lembrou datos como que un de cada catro empregados públicos en Galicia están en situación de temporalidade, cun 50% de incremento na contratación temporal desde 2011. Tamén reseñou o liderado de Galicia na redución do salario dos empregados públicos ou o quinto posto da comunidade en redución de emprego público en España.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar