O PP veta o diálogo entre a Xunta e os concellos

O PP veta o diálogo entre a Xunta e os concellos

O PP veta o diálogo entre a Xunta e os concellos

Méndez Romeu. Pleno do parlamentoO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, lamentou hoxe o rexeitamento polo PP dunha moción socialista a favor de abrir unha nova etapa de diálogo cos concellos, logo das pasadas eleccións municipais. O responsable socialista reclamoulle á Xunta que “se non están a prol de favorecer o desenvolvemento das principais necesidades municipais, a lo menos non obstaculice”.

Méndez Romeu advertiu que o PP “descoñece o que acontece no mundo urbano”, e como consecuencia nas últimas eleccións municipais viron cómo só gobernan 15 dos 57 núcleos urbanos de mais de 10.000 habitantes, fronte aos 34 da oposición -21 deles do PSdeG-. Criticou o desleixo do goberno galego á hora de “mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas” impulsando a colaboración entre Xunta e concellos nas competencias que comparten as dúas administracións.

O portavoz socialista propuxo un acordo global centrado en torno a catro puntos centrais, que son o transporte de viaxeiros, a vivenda de promoción pública, a política de residuos e o financiamento local, que foron sen embargo desprezados polo PP. Puntualizou neste sentido que a cidadanía “rexeita a confrontación estéril entre as administracións e demanda solucións”.

Advertiu que hoxe o goberno galego está a manter un modelo de transporte público propio de hai unha década, evitando incorporar novas liñas que acheguen á cidadanía dende o eido periurbán e facilite o acceso a hospitais, polígonos, campus, grandes superficies e lugares de ocio.

Censurou a “inexistente” política de promoción de vivenda pública de Galicia, que pasou con Feijóo de contar con 210 millóns de euros a tan só 41, e padecendo unha perigosa inacción cando os prezos do mercado están a medrar e a demanda mantense.

Méndez Romeu criticou ademais a “burla” do goberno galego no tocante á xestión de residuos sólidos urbanos, na que mentres a cidadanía separa o lixo para permitir a súa reciclaxe, chega a Xunta coa súa política de incineración e volve xuntar tódolos detritos “no mesmo forno”.

O responsable socialista propuxo ademais a mellora do financiamento local atendendo as demandas da Fegamp, dirixidas a recuperar o financiamento incondicionado aos concellos e integrando subvencións finalistas. Solicitou tamén a transferencia automática dos fondos do Plan concertado de servizos sociais, apostando pola cooperación e reforzo destes servizos polos concellos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar