O PP veta o desenvolvemento da Lei LGTBI

O PP veta o desenvolvemento da Lei LGTBI

O PP veta o desenvolvemento da Lei LGTBI

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao PP de vetar unha proposta socialista para pedir o desenvolvemento da Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación LGTBI, aprobada hai dous anos sen votos en contra. Gallego presentou unha moción para activar o cumprimento dunha Lei fundamental para estas persoas e que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista puntualizou que “máis alá dun ritmo lento de execución –da norma- eu diría que é inexistente” por parte dun goberno que dende a aprobación do texto apenas mantivo un encontro puntual dende o departamento de Educación. Lamentou que “a día de hoxe non teñen celebrado ningunha xuntanza co conselleiro de Sanidade”, evidenciando que a Lei “non se está desenvolvendo”.

Gallego reivindicou ao PSdeG como “autor intelectual” dunha Lei que foi aprobada polo Parlamento pero non foi asumida polo goberno, como evidencia que “non existen a día de hoxe protocolos educativo nin sanitario”, co que os criterios á hora de afrontar estas situacións son completamente subxectivos.

Os profesionais do ensino “non saben cómo afrontar a situación dun neno ou nena trans, e os sanitarios ofrecen tratamentos endocrinos ou hormonais en función de quén sexa o profesional que os atenda, sen un criterio unitario”.

Aludiu ademais ao anuncio recente de asignar aos Centros de Información á Muller o tratamento da problemática específica destas persoas, reclamando “máis persoal específico”, xa que, puntualizou, “non serve darlles máis traballo a uns centros xa de por si saturados”.

Documento transitorio

A moción socialista incluía ademais a creación dun “documento transitorio de identificación das persoas transexuais residentes en Galicia” que sexa expedible “a partir de que a persoa realice o tránsito social”, manifestando “o seu sexo sentido”. Este documento debe ser válido “namentres que estas persoas non poidan acceder a modificar o seu nome e sexo no Rexistro Civil, e por tanto dos documentos acreditativos como o DNI”.

O PP tamén se opuxo a incorporar as recomendacións presentadas pola Valedora do Pobo nunha recente comparecencia para presentar un informe específico sobre a realidade das persoas LGTBI en Galicia. Os socialistas solicitan así a introdución dun “procedemento de infracción sancionador e contemplar a realidade transexual das persoas en todas as etapas da súa vida e o dereito ao recoñecemento da identidade de xénero”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar