O PP veta no Parlamento un plan contra os novos casos de violencia de xénero a través das tecnoloxías da información

O PP veta no Parlamento un plan contra os novos casos de violencia de xénero a través das tecnoloxías da información

O PP veta no Parlamento un plan contra os novos casos de violencia de xénero a través das tecnoloxías da información

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou ao PP de vetar unha iniciativa socialista para pedirlle á Xunta un plan específico de prevención, información e seguimento da violencia machista e de xénero exercida a través das Tecnoloxías da Relación, Comunicación e Información –TRICs-.

O PP rexeitou esta proposta socialista demostrando que “o único que están a facer é marear a perdiz con accións illadas que pouco ou nada axudan a este problema que afecta sobre todo ás rapazas”. Dixo que a Xunta demostra que “están facendo pouquiño” neste asunto, e ademais “o pouco que fan non chega porque o problema está aí” e afecta a 7,9 de cada dez mulleres, que afirman ter recibido mensaxes con insultos machistas.

Acuña denunciou o desinterese do goberno galego neste asunto, que demostra “a incapacidade da dereita para afrontar solucións contra a violencia de xénero”, e puxo como exemplo a decisión de reducir os orzamentos para prevención, eliminar do ensino as materias para educar en valores, financiar a centros que segregan por sexos ou recorrer a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva no Tribunal Constitucional.

A responsable socialista reclamou un plan “específico e concreto” para que o goberno galego coordine aos diferentes departamentos para que actúen “con transversalidade” na loita contra este tipo de acoso ás mulleres.

Sinalou que as novas tecnoloxías da información permiten que o agresor se protexa polo anonimato fronte a unha vítima “totalmente indefensa”, e que “aportan inmediatez e facilitan a dispoñibilidade ao agresor para facer dano e exercer o dominio sobre a muller”, chegando a exercer un “control absoluto sobre a parella”.

Acuña citou o “grooming”, que agocha a pederastas que se gañan a confianza do menor establecendo lazos de amizade, ou o “sexting”, outra das prácticas que se estendeu a partir da mensaxería instantánea móbil e que facilita o envío de contidos eróticos ou pornográficos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar