O PP veta no Parlamento a elaboración dos plans galegos de saúde mental, sobre o suicidio e de prevención e tratamento de condutas aitivas

O PP veta no Parlamento a elaboración dos plans galegos de saúde mental, sobre o suicidio e de prevención e tratamento de condutas aitivas

O PP veta no Parlamento a elaboración dos plans galegos de saúde mental, sobre o suicidio e de prevención e tratamento de condutas aitivas


Acuña alerta do incremento nun 41 por cento na taxa de suicidios de Galicia ata situarse no máSantiago de Compostela, 23 de decembro de 15. ximo estatal

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou o veto do PP a unha proposta socialista para reclamarlle á Xunta un Plan Galego de Saúde Mental, un Plan sobre o Suicidio e un Plan
de prevención e tratamento de condutas aditivas. Así o dixo no debate dunha moción socialista hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia.

A responsable socialista acusou ao PP de votar contra as demandas dos doentes, os profesionais da sanidade, os familiares e as asociacións de saúde mental, demostrándose “politicamente autistas: nin escoitan nin aprenden”. Alertou do alarmante incremento no número de suicidios de Galicia, que pasou de 275 en 2010 a 394 en 2014, un incremento do 41 por cento en catro anos de acordo cos datos do Imelga.

Acuña responsabilizou aos recortes do goberno galego e ao impacto da crise económica do feito de que Galicia se teña situado como a Comunidade Autónoma coa maior taxa de suicidios de todo o Estado. Criticou que mentres os tratamentos con ansiolíticos aumentan un 48 por cento e a demanda de Saúde Mental crece un 15 por cento, o goberno galego reacciona limitando os medios e os profesionais sanitarios de Galicia.

Puxo como exemplo que as xubilacións “masivas e forzosas aplicadas á sanidade” deixaron á Área Sanitaria de Vigo con “tan só 28 psiquiatras para 600.000 persoas, menos da metade dos 60 recomendados, a razón de 1 por cada 10.000 habitantes”.

Acusou á Xunta de “autoproclamarse o goberno para todos” cando “a súa prepotencia e soberbia política os leva a votar en contra de todo o que se presenta dende a oposición”. Así o demostraron, lembrou, votando onte en contra de tódalas emendas da oposición aos orzamentos da Xunta e hoxe contra esta proposta.

Os socialistas reclamaran hoxe cumprir coas ratios de profesionais recomendadas, así como a incorporación de psicólogos clínicos, a creación e dotación adecuada de equipos e subequipos de continuidade de coidados para pacientes con trastorno mental grave ou garantir unidades de psicoxeriatría e servizos de Atención Temperá pediátricos adecuadamente dotados.

Tamén reclamou o impulso do movemento asociativo de usuarios e familiares de pacientes, a reversión de tódalas privatizacións de servizos sanitarios públicos para a atención da saúde mental, reforzar a Atención Primaria de Saúde ou o control, seguimento de coidados médicos, situación clínica e legar dos doentes con enfermidade mental derivados ás residencias da terceira idade.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar