O PP VETA LIBROS DE TEXTO GRATUÍTOS PARA TODOS NO ENSINO OBRIGATORIO

O PP VETA LIBROS DE TEXTO GRATUÍTOS PARA TODOS NO ENSINO OBRIGATORIO

O PP VETA LIBROS DE TEXTO GRATUÍTOS PARA TODOS NO ENSINO OBRIGATORIO

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para recuperar o sistema de libros de texto gratuítos para todos os nenos e nenas no ensino obrigatorio. Os socialistas presentaron unha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento para restaurar o modelo do goberno de Touriño que foi rexeitada polo PP.

O portavoz socialista lembrou que o modelo paralizado por Feijóo custaba 22,13 millóns de euros e garantía libros de texto gratuítos para todo o alumnado nas etapas obrigatorias. Aquel sistema foi cambiado pola “gratuidade solidaria” do PP, que por 21,41 millóns tan só beneficiaba ao 25 por cento do alumnado “e en ningún caso polo importe total dos libros de texto”.

O novo sistema, dixo, ten como problema engadido que en tódolos cursos supera o orzamentado, obrigando a aprobar ampliacións de crédito cada ano, co que no curso 2014 “decidiron que reutilizar os libros xa non era tan malo nin antipedagóxico e lles reclamaron aos pais e nais beneficiarios que devolveran os textos”. Esta decisión, explicou, respondeu á “revolución social artellada polas Anpas organizadas para prestarse libros entre elas, nun modelo máis propio dunha economía subdesenvolvida”.

Eficiencia e equidade

Os socialistas, explicou, solicitaron “recuperar un programa socialmente mellor e que economicamente non é un lastre adicional ao que se está investindo”. Sinalou que, con este modelo, “investindo o mesmo da servizo á cuarta parte, o que dista moito do que calquera pode entender como un modelo eficiente”.

Tampouco resulta equitativo por canto, dixo, “dende que eliminaron a gratuidade universal levan destinados 108 millóns de euros en axudas directas ás familias, cos que solucionaron parcialmente o problema para un certo número de persoas, pero en ningún caso lle resolveron o problema á totalidade das familias con fillos en idade escolar”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar