O PP veta garantir que haxa prazas de acceso libre ó corpo deprofesores de música nas oposicións autómicas

O PP veta garantir que haxa prazas de acceso libre ó corpo deprofesores de música nas oposicións autómicas

O PP veta garantir que haxa prazas de acceso libre ó corpo deprofesores de música nas oposicións autómicas

O deputado socialista Luis Álvarez presentou esta mañá unha proposición non de lei para instar ó goberno galego a non eliminar da oferta pública de emprego a convocatoria de prazas por quenda libre para o corpo de profesores de Música e Artes Escénicas.

Na Comisión de Educación e Cultura, Álvarez criticou que a Consellería pretenda levar a cabo un “veto” ó reservar prazas para o acceso exclusivo dende o corpo de profesores de Educación Secundaria, escudándose en que nas oposicións de 2008 se sobrepasaron as necesidades de profesores nesta área.

Unha explicación que os socialistas califican de “falsa”, asegurando que “existen máis especialidades con excedentes de profesorado nas que o infalible goberno da Xunta de Galicia oferta prazas para opositar”, como é o caso de Educación física, que supón un “contraexemplo” ás excusas do executivo.

Por este motivo Luis Álvarez afeou que “é unha cuestión de oportunidade, que non de ilegalidade, a intención manifestada pola Consellería con respecto a esta convocatoria”.

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar