O PP veta de novo Hemodinámica 24 horas para Lugo e Ourense

O PP veta de novo Hemodinámica 24 horas para Lugo e Ourense

O PP veta de novo Hemodinámica 24 horas para Lugo e Ourense

A deputada socialista Concepción Burgo acusou ao PP de volver a vetar a posta en marcha do servizo de Hemodinámica 24 horas no Hospital de Lugo. A deputada socialista criticou que o PP rexeitara, no Pleno do Parlamento celebrado hoxe, unha emenda socialista na que reclamaban a posta en marcha do servizo en Lugo e Ourense antes de xuño en cumprimento do compromiso expreso de Feijóo.

A deputada socialista acusou ao goberno galego de presentar hoxe diante dos medios de comunicación os “supostos datos dun Rexistro galego do infarto agudo de miocardio” que foron “escamoteados” ao Parlamento de Galicia e que foron expostos “de forma parcial”. Acusou ao Feijóo de utilizar estes datos para negar un servizo “vital” para moitos lugueses e luguesas e “amparar intereses escuros”.

Lembrou que “os datos contrastados que coñecemos evidencian que o 60 por cento dos pacientes tratados cun infarto na provincia teñen que ser desviados a Coruña, e só un de cada tres chega co tempo mínimo para realizar unha anxioplastia coas garantías mínimas que poden supor salvar a súa vida”.

Maquillaxe estatística

Advirte que “estes datos entran en contradición frontal coa documentación presentada hoxe polo goberno galego para xustificar a negativa ao servizo de Hemodinámica 24 horas para a provincia. Puntualizou que “coñecemos a afición do goberno galego pola manipulación estatística, e por iso esiximos formalmente os datos completos do Rexistro presentado hoxe e agochado ao Parlamento de Galicia”.

Burgo negou lexitimidade a uns datos presentados “sen ofrecer a documentación completa” e referidos “tan só a 6 meses de rexistro” sen explicar “nin os criterios para o establecemento da mostra nin da análise dos datos”. Os socialistas galegos esixiron a presentación inmediata dos datos no Parlamento e permitir “a presenza de especialistas capacitados para avaliar a documentación”.

A parlamentaria luguesa esixe así tódalas garantías diante do tratamento estatístico dunha realidade que pode supor a diferenza entre a vida e a morte dun lugués ou luguesa afectada por un infarto fora de horas de oficina. “Isto é o que supón –sinalou- que o servizo de Hemodinámica de Lugo só atenda de oito a tres de luns a venres pola negativa incomprensible do presidente da Xunta”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar