O PP veta condicións de traballo dignas para a Garda Civil e ampara o uso indiscriminado do réxime disciplinario militar

O PP veta condicións de traballo dignas para a Garda Civil e ampara o uso indiscriminado do réxime disciplinario militar

O PP veta condicións de traballo dignas para a Garda Civil e ampara o uso indiscriminado do réxime disciplinario militar

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, acusou hoxe ao PP de negarlle aos membros da Garda Civil unhas “condicións laborais dignas”. A deputada socialista defendeu unha proposta para reformar o novo Código Penal Militar e frear o uso reiterado do réxime disciplinario militar contra os integrantes do corpo para volver ao réxime fixado 2007, que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista sinala que esta potestade disciplinaria está a ser aplicado a modo de “represalia” contra dirixentes de asociacións de gardas civís por “exercer o seu dereito de asociación profesional, a súa liberdade de expresión ou defender os dereitos económicos, sociais e profesionais os seus integrantes”.

Reclamou “recuperar o sentidiño” para reformar o novo Código Penal Militar, aprobado en solitario polo PP, e regulalo “cos criterios de aplicación semellantes aos acordados polo lexislador en 2007”. Daquela foi recollido por primeira vez o dereito de asociación profesional os gardas civís, ademais de crear o Consello de Garda Civil como órgano de participación para mellorar as condicións profesionais e o funcionamento da institución.

Lembrou ademais que o réxime disciplinario, tamén aprobado en 2007, modificou a aplicación do Código Penal Militar á Garda Civil, introducindo “reformas e novidades importantes”. Dixo que o réxime buscaba “un equilibrio correcto entre os instrumentos que o Corpo precisaba para o mantemento dun modelo disciplinario eficiente e actual coa supresión de determinadas figuras xurídicas desfasadas”.

Condicións laborais

Soneira levou ao Parlamento as demandas dos representantes do Corpo, que pasan por unhas condicións laborais dignas, con xornadas que respecten dereitos, retribucións xustas ou formación homologada ao resto de forzas e corpos de seguridade. Tamén reclaman medios materiais modernos que garantan a súa seguridade e integridade física, ou unha carreira profesional na que prime o mérito, a capacidade e a igualdade.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar