O PP veta comparecencias polo falecemento dunha muller a mans da súa parella no CHOU

O PP veta comparecencias polo falecemento dunha muller a mans da súa parella no CHOU

O PP veta comparecencias polo falecemento dunha muller a mans da súa parella no CHOU

hospital_chouA viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego considerou “incomprensible” o veto do PP as comparecencias na Comisión de Igualdade para analizar o falecemento dunha muller a mans da súa parella no CHOU o pasado venres. Tódalas comparecencias propostas polos socialistas na Mesa da Comisión de Igualdade celebrada esta mañá foron rexeitadas polo PP.

O PP negouse a convocar unha xuntanza extraordinaria da Comisión coa comparecencia da xerente do CHOU, Eloína Núñez, do fiscal contra a violencia de xénero en Galicia, da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e do responsable do corpo da Policía Nacional adscrito á Comunidade Autónoma.

Os socialistas galegos consideran “imprescindible coñecer por qué fallaron os protocolos sanitarios contra a violencia de xénero” e queren que a xustiza explique cómo un xuíz pode desdeñar un informe das forzas de seguridade alertando de indicios de violencia de xénero, que como se viu rematou co falecemento dunha muller.

Tamén esixen que os responsables policiais expliquen cáles son as accións que toman para cumprir coa súa obriga de loita contra a violencia de xénero. Gallego quere que expliquen si, de acordo como denuncian os sindicatos de policía, os recortes provocan que “aínda que se tivera activado o protocolo de seguridade non hai persoal suficiente para desenvolver a vixilancia imprescindible”.

Finalmente, reclama a presenza da secretaria xeral de Igualdade como a máxima responsable política da coordinación de actuacións entre as administracións para erradicar a lacra da violencia machista, que “a todas luces fracasou”.

Carmen Gallego sinala que a Comisión de Igualdade é o “marco idóneo para que tódolos grupos poidamos analizar os fallos políticos e tomar decisións para evitar a descoordinación e o caos que acaba provocando a morte de mulleres”.

Advertiu que, ante a sorprendente negativa do PP, os socialistas galegos presentarán unha batería de iniciativas parlamentarias en tódolos órganos parlamentarios para desenvolver o debate e impulsar unha investigación “imprescindible”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar