O PP veta axudas á natalidade

O PP veta axudas á natalidade

O PP veta axudas á natalidade

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, propuxo hoxe traer a Galicia a vía irlandesa de recuperación demográfica, coa que aquel país, que partía dunha densidade semellante á galega, conseguiu gañar 1,5 millóns de habitantes nun tempo récord. Así o dixo no debate dunha moción socialista para aplicar un plan de recuperación demográfica vetado polo PP.

A responsable socialista advertiu da necesidade urxente e “vital” de recuperar poboación en Galicia, onde xa suman catro anos consecutivos de saldo vexetativo negativo e onde, explicou, “se o paro rexistrado baixa non é pola creación de postos de traballo, senón porque a xente vaise”. Considera “vital” reverter a tendencia a través do retorno de mozos e mozas emigrados e do impulso das políticas sociais de apoio ás familias.

Soneira urxiu a “iniciar o camiño” de mellora das políticas sociais para situalas a nivel da UE no horizonte de 2020, a través de axudas permanentes e periódicas á natalidade con especial incidencia no entorno rural.

Subliñou que “ninguén vai ter un fillo porque lle reduzan o IRPF un par de puntos”, en alusión á última “ocorrencia electoral” do presidente da Xunta, máxime cando o ministro de Facenda está anunciando, logo das eleccións xerais, unha nova suba do imposto de sociedades.

Ademais, reclamou a incentivación do retorno de mozos e mozas emigrados recentemente “para que desenvolvan todo o seu potencial formativo, laboral e emprendedor na súa terra”, de novo incrementado nos concellos rurais e de maior regresión demográfica.

Propuxo a posta en marcha dunha estratexia de atracción da emigración con máis recursos para impulsar novos proxectos empresariais en Galicia facendo valer que “na nosa emigración están algunhas das fortunas máis importantes do mundo”.

Concellos rurais

Ademais, propuxo unha serie de medidas específicas para fixar poboación nos concellos rurais, que pasan por bonificar a radicación de iniciativas empresariais, impulsar a discriminación positiva dos concellos máis castigados polo envellecemento e a regresión demográfica, abordar iniciativas de reactivación económica dos sectores primarios e facilitar a radicación de familias nos concellos rurais.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar