O PP veta a apertura do novo edificio xudicial de Tui en 2018

O PP veta a apertura do novo edificio xudicial de Tui en 2018

O PP veta a apertura do novo edificio xudicial de Tui en 2018

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle hoxe ao goberno galego que execute as partidas orzamentarias previstas, que ascenden a 2 millóns de euros, para finalizar co novo edificio xudicial de Tui antes do remate de 2018. Vilán presentou unha proposta na Comisión de Xustiza, alertando das condicións insostibles nos tres xulgados desta vila de Pontevedra, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista lembra que foi o propio goberno galego o que decidiu converter o antigo Centro de Saúde nun novo xulgado, un proxecto que conta cun orzamento previsto de 2 millóns de euros para este ano 2017. Os socialistas reclaman que se execute a partida prevista para este ano, de forma que o servizo quedaría rematado antes de decembro de 2018.

Lembrou que foi o Goberno galego o que decidiu a rehabilitación do inmoble logo de que o anterior alcalde agora deputado autonómico Moisés Rodríguez reservara un solar a cargo do Concello para construír un novo edificio. Acusounos de paralizar o proxecto “agora que hai un alcalde socialista, agardando un cambio de alcaldía como en Sanxenxo para desbloquear as novas instalacións”.

Actualmente, explicou, Tui conta con 3 xulgados mixtos, dous deles no edificio do Concello, pero o terceiro atópase “no paseo onde se fai o mercadillo” e apenas conta con 15 metros cadrados sen acondicionar para 5 traballadoras. As instalacións carecen dun espazo para as espera nin para manter aos detidos, que “sitúanse na rúa sentados e esposados aos bancos”.

Censura o trato “indigno” ofrecido á cidadanía que recorre a este xulgado, tanto aos denunciantes como aos denunciados, provocando mesmo situacións de risco cando as mulleres maltratadas e os seus presuntos maltratadores atópanse xuntos na mesma estancia.

Plan de Infraestruturas

Lembrou que a responsabilidade de dotar de medios materiais e económicos á administración de Xustiza recae sobre a Xunta de Galicia, que debe dotar de infraestruturas e material dende o ano 1995. É sobre o goberno galego polo tanto sobre o que recae a obriga de renovar e construír as instalacións xudiciais, incluídas mesmo no Plan de Infraestruturas Xudiciais 2010-15.

Este Plan contempla, entre outras, as obras da Fábrica de Tabacos de A Coruña, a execución do novo edificio xudicial de Pontevedra, ou a nova localización da Cidade da Xustiza de Vigo no antigo Hospital Xeral.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar