O PP veta a rehabilitación da muralla de Lugo

O PP veta a rehabilitación da muralla de Lugo

O PP veta a rehabilitación da muralla de Lugo

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, reclamoulle hoxe á Xunta un Plan de Mantemento e Rehabilitación Integral da Muralla de Lugo cun cronograma de actuacións e investimento, unha proposta que foi vetada polo PP na Comisión de Cultura do Parlamento.

Burgo lamentou que o goberno galego reduza a súa intervención a unha pequena partida para a limpeza que “nunca poden executar a tempo porque non se lles ocorre facela nunha época diferente á da chegada das aves”.

A responsable socialista ironizou con que “entre os paxaros, o Concello e o goberno de Touriño o teñen todo arranxado cando se trata de botar balóns fora no tocante á Muralla de Lugo”. Burgo evidenciou que “non teñen un Plan Integral” para o mantemento e rehabilitación dun monumento Patrimonio da Humanidade, limitándose a un plan de limpeza que resulta escaso para unha construción de máis de 2 quilómetros.

Burgo sinala que destinar 400.000 euros anuais a un dos principais monumentos de Glicia resulta absolutamente insuficiente para facer unhas labores de vixilancia e mantemento que deberan ter unha periodicidade semanal. A Xunta, dixo, “carece de estudo e de programación integral de conservación, e limítase a responder ás necesidades puntuais máis graves”.

A responsable socialista deu a voz de alarma sobre o estado de moitos cubos, afectados polas chuvias, a humidade e a vexetación, que poñen en perigo a súa integridade sen que o goberno galego faga nada.

A día de hoxe, advertiu, seguen un Plan Director que se remite a 1992, cando “pasou demasiado tempo” para limitarse a unha programación de hai 25 anos, e reclamou as labores de “mantemento, consolidación e rehabilitación necesarias, con investimentos programados para actuacións a medio e longo prazo, que non se reduzan a atender aos problemas do último minuto”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar