O PP veta a mellora da cobertura de internet nos trens de Galicia

O PP veta a mellora da cobertura de internet nos trens de Galicia

O PP veta a mellora da cobertura de internet nos trens de Galicia

alvia_trenA deputada socialista Carmen Gallego criticou hoxe a “absoluta falla de vontade política” por parte do PP a apoiar unha iniciativa socialista para mellorar a conexión a internet nas liñas ferroviarias galegas. Así o dixo na Comisión de Industria, na que advertiu que os problemas de conexión impiden que os traballadores poidan verificar ou expedir billetes coas PDA dentro dos trens.

Gallego salientou a mentira dos anuncios do goberno galego, que leva “anos” publicitando a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia –Amtega- que a través do Plan de Banda Larga acadou que practicamente a totalidade da poboación galega teña acceso a internet.

Estes anuncios se contradín, dixo, coa realidade dos datos oficiais do Goberno, que sinalan que o 25 por cento da poboación con problemas de conexión a internet de todo o Estado residen en Galicia, onde só vive o 6 por cento da poboación de España.

A deputada socialista reclamou hoxe que o goberno galego e dirixa ao Estado para demandar que as novas liñas ferroviarias de alta velocidade inclúan conexión a internet tanto para os usuarios e usuarias como para os traballadores e traballadoras.

Ademais, reclama que a Xunta lle esixa ás empresas de telecomunicacións que reciben importantes recursos públicos de Amtega “que garantan unha cobertura de telefonía móbil axeitada en tódalas vías ferroviarias da Comunidade Autónoma”.

Lembrou que estas empresas teñen as súas instalacións subvencionadas pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo dentro do Plan de Banda Larga da Amtega. Polo tanto, engadiu, “deberan prestar un servizo de conexión a internet moi necesario para que as familias poidan desenvolver e xestionar as súas actividades económicas e sociais con normalidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar