O PP veta a loita contra a fraude fiscal porque "lles beneficia"

O PP veta a loita contra a fraude fiscal porque "lles beneficia"

O PP veta a loita contra a fraude fiscal porque "lles beneficia"

fraude fiscalO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou ao PP de vetar a proposición non de Lei do Grupo Socialista para impulsar a loita contra a fraude fiscal porque estas prácticas “lles benefician”. Méndez Romeu censurou que os gobernos de España e de Galicia “non están a ser de abondo dilixentes” para corrixir as prácticas fraudulentas e loitar contra a fraude fiscal.

O responsable socialista criticou que o PP e o goberno galego queren “protexer aos seus” dificultando a información e “fuxindo de calquera responsabilidade sen dar explicacións”. Sinalou así a tibieza do PP logo de coñecer que o que fora responsable da política económica e dunha das principais entidades financeiras, Rodrigo Rato, se acollera á amnistía fiscal para defraudadores aprobada polo goberno de Rajoy.

Méndez Romeu sinalou que “vostedes teñen un problema que se chama Rato, que se chaman Rajoy e Cospedal, que se chama Trillo –en alusión ao asesoramento a empresarios beneficiarios de concursos amañados-, e aquí se chaman Feijóo e Baltar”. Advertiu que o PP “ten un problema de credibilidade, porque non fan o que debían e fan o contrario do que se necesita”.

Criticou que “xa sabemos as regras do xogo, vostedes non teñen vontade de corrixir a fraude porque lles beneficia ou beneficia directamente aos seus amigos políticos, non queren cambiar o statu quo porque lles favorece”. O responsable socialista desmentiu que o PP queira modificar estas condutas, polo que presentan unha proposta de reforma do Consello de Contas na que “lle negan os mecanismos necesarios para actuar”.

Tanto lles favorece esta situación, puntualizou, que dedicaron a un tesoureiro, Bárcenas, ao financiamento ilícito do PP a gran escala, parte do cal “lle reembolsaba aos membros do goberno en forma de sobresoldos”.

O portavoz do Grupo Socialista criticou que o PP acuse á oposición de atacar á Axencia Tributaria, cando “quen se ocupou de quebrar a credibilidade da Axencia Tributaria foi o señor Montoro”, ministro de Facenda, e o seu equipo que presume de saber “a pera patatera” sobre a situación fiscal de persoeiros sinalados, e que foi o que desmantelou a Oficina Nacional de Loita contra a Fraude e a Axencia Tributaria.

O mesmo equipo, engadiu, que impulsou en 2012 unha amnistía fiscal inxusta, ineficaz e improvisada, que “hoxe ademais temos que engadir que foi inmoral” logo de que o goberno equiparara os sobres en B a altos cargos do goberno “con donativos a Cáritas”, co que “insultan ás ONG e poñen no mesmo plano a corrupción e a loita contra a pobreza.

Proposta

A proposta socialista incluía a reprobación da amnistía fiscal levada a cabo no ano 2012 polo Goberno do Estado, así como o reforzo da independencia da Axencia Tributaria e o incremento de inspeccións fiscais en Galicia.

A proposta incluía a obriga das entidades financeiras a “informar sobre os particulares e empresas que teñan conta en paraísos fiscais”, así como “garantir e reforzar a independencia da Axencia Tributaria, rematando coa utilización partidista e impedindo calquera inxerencia política” ademais de dotala “dos medios necesarios para acadar un incremento progresivo da recadación”.

Méndez Romeu propuxo ademais que o goberno galego reclame unha compensación a Galicia “pola posible perda de ingresos que lle suporía a fraude fiscal como consecuencia da falla de eficiencia ou da deficiente realización dos obxectivos fiscais”.

Os socialistas galegos reclaman o “incremento anual do número de inspeccións fiscais, dotando á Axencia Tributaria de Galicia dos medios e persoal necesarios e reforzando as súas actuacións nos ámbitos propios da economía somerxida”. Estas medidas deberan complementarse coa “promoción da concienciación social e o rexeitamento a calquera forma de fraude fiscal, incluíndo programas de educacióna o respecto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar