O PP vai “contra os dereitos das mulleres” ao votar contra o mantemento da pílula do día despois sen receita

O PP vai “contra os dereitos das mulleres” ao votar contra o mantemento da pílula do día despois sen receita

O PP vai “contra os dereitos das mulleres” ao votar contra o mantemento da pílula do día despois sen receita

Carmen Cajide sinala que Galicia ten competencias suficientes para manter o actual sistema recomendado pola OMS e a Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, acusou hoxe ao PP de ir “contra os dereitos das mulleres” ao votar contra unha proposta socialista para manter o sistema de pílula do día despois en farmacia sen receita. Así o dixo nun debate hoxe na Comisión de Sanidade logo de que a ministra de Sanidade anunciara o regreso á prestación da pílula só con receita médica.

Cajide considera “fundamental deixar a prestación como está” para evitar os embarazos non desexados e polo tanto reducir o número de abortos. Advertiu que, con este voto en contra, o PP está “abocando a moitas mulleres, en especial ás mozas, a dar tumbos polos servizos de urxencias nas fins de semana nas que non hai consulta médica” dado que, dixo, a maior eficacia deste método dáse nas 24 horas seguintes á concepción.

Puntualizou que Galicia conta con “competencias suficientes para facer o que queiran” neste sentido, e lembrou que o propio Gallardón como alcalde de Madrid implantou este sistema en 2005. Sinalou que “poden observar nas hemerotecas todo o que leva feito Gallardón como alcalde, así como os ataques que propugna contra as mulleres agora como ministro”.

A responsable socialista explicou ademais que este sistema de prestación en farmacia e sen receita conta cos avais necesarios e mesmo está recomendada pola Organización Mundial da Saúde. Así o dixo, explicou, malia que a ministra de Sanidade, Ana Mato, “poña en cuestión tódolos informes técnicos anteriores” e “siga solicitando outros informes a ver quén lle pode ofrecer conclusións ad hoc coa súa ideoloxía”.

Así, lembrou que o presidente da Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia respondera nunha carta á dirección xeral da Carteira Básica do SNS e Farmacia do Ministerio de Sanidade sinalando que “non existe evidencia” sobre posibles efectos secundarios importantes desta pílula, salientando as vantaxes dun uso axeitado con “formación adecuada e acceso fácil”.

A responsable socialista lembrou que foi un goberno socialista o que implantou este sistema en 2009 para a prestación deste servizo nun total de 21.000 farmacias correspondentes á rede española. Advertiu a intención do Goberno do PP de reverter o proceso para volver ao sistema de prestación previa receita médica, tal e como ten anunciado a ministra de Sanidade.

A proposta socialista reclamaba “o mantemento do actual status da anticoncepción hormonal de urxencia mediante o cal pódese acceder á mesma nas farmacias sen necesidade de receita médica”. Ademais, instaba á Xunta a reclamar do goberno do Estado “copia de todos os informes relativos á anticoncepción hormonal de urxencia que obran no seu poder”.

Tamén reclama “a metodoloxía prevista para a realización do informe anunciado pola ministra na súa comparecencia, incluíndo os organismos, sociedades e tipo de profesionais que van a participar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar