O PP utilizou a crise para cambiar o dereito á sanidade por un servizo para asegurados

O PP utilizou a crise para cambiar o dereito á sanidade por un servizo para asegurados

O PP utilizou a crise para cambiar o dereito á sanidade por un servizo para asegurados

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, lamentou que o presidente da Xunta aproveitara a crise económica para “modificar o modelo sanitario” e substituír dereitos por servizos “que se compran e se venden”. Así o constata, dixo, o informe elaborado pola Comisión de Bioética e secuestrado pola conselleira de Sanidade.

A deputada socialista advirte que o documento censurado “confirma a nosa alarma diante da transformación do que era o dereito a recibir atención sanitaria, ligado á condición de cidadá, nun servizo ligado á condición de asegurado”. Explicou que a diferenza é que “os dereitos non se comercializan pero os servizos si”.

Acuña explicou que o cambio de modelo sanitario, ademais de prexudicial para as persoas por canto limita o seu acceso á saúde pública, produce un efecto perverso na economía do país. Sinalou que ao provocar que a cidadanía se inhiba de acudir ao médico por falla de recursos “provoca que vaian mais tarde pero en peores condicións e, polo tanto, demandando uns tratamentos mais caros”.

Informe completo

A deputada socialista reclamou o informe completo elaborado pola Comisión de Bioética, e demandou do goberno galego “saber qué pasou dende que se elaborou o informe ata hoxe, cántos líos houbo e por qué tivemos que coñecelos deste xeito”.

Subliñou que a conselleira de Sanidade “non ten dereito a manexar a Consellería, os recursos públicos e os órganos que dependen dela como o seu cortello particular, o que ten é a obriga de ofrecer transparencia, información, explicacións e documentos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar