O PP utiliza os dereitos das mulleres como moeda de cambio ao modificar a Lei do Aborto

O PP utiliza os dereitos das mulleres como moeda de cambio ao modificar a Lei do Aborto

O PP utiliza os dereitos das mulleres como moeda de cambio ao modificar a Lei do Aborto

A portavoz de Sanidade e Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, considerou “intolerable” a reforma da Lei do Aborto anunciada polo PP por canto “utilizan os dereitos das mulleres como moeda de cambio”. Así o dixo no debate dunha moción socialista para paralizar a reforma ata que o Tribunal Constitucional se pronuncie sobre a Lei de 2010, que foi rexeitada polo PP.

Denunciou que “só a Inquisición chamada Santa se atreveu a antepor a relixión aos adiantos da ciencia, pero diso fai moitos séculos”. Ata este momento, puntualizou, no que o goberno “pretende por Lei suprimirnos ás mulleres a capacidade de decidir sobre o noso corpo e a nosa maternidade e que non podamos facer uso dos avances científicos” para satisfacer a un “pequeno e reaccionario sector da Igrexa”.

A parlamentaria socialista preguntou así “qué muller vai facer un adecuado seguimento do seu embarazo sabendo que si a ciencia lle diagnostica unha grave malformación do seu feto o PP lle vai prohibir abortalo”. Acusou ao PP de “impedir por Lei o que con moitos anos e esforzos ten conseguido a ciencia”, que hoxe pode monitorizar e diagnosticar casos de problemas irresolubles nas mulleres embarazadas.

Carmen Acuña presentou esta iniciativa para “conmemorar como se merece o Día da Saúde da Muller”, que se celebra hoxe, para defender “mulleres responsables, mulleres decididas e mulleres libres, e iso non o poden cambiar Rouco nin Gallardón nin todo o PP xunto”.

Sinalou que a decisión do PP supón “machismo e polo tanto violencia contra as mulleres” ao negar o dereito a decidir e lles retira a responsabilidade ás mulleres. Explicou que a Lei de 2010 que agora quere modificar o Goberno “garante que sexa a muller a que decida sobre o seu corpo e sobre a súa maternidade”, e que “non obriga a ninguén a abortar, só facilita que a muller que así o decide poida interromper o embarazo con garantías”.

Ataque contra a saúde das mulleres

A reforma desta Lei constitúe unha nova mostra do ataque emprendido polo PP contra os dereitos e a saúde das mulleres, e que comezou en Galicia coa supresión das unidades móbiles que realizaban mamografías, continuou co peche masivo de camas de xinecoloxía no verán, co apoio institucional á Rede Madre.

Continuou coa supresión dos Centros de Orientación Familiar, ademais da “mais que probable exclusión de todos os anticonceptivos orais dos medicamentos financiados”, e que agora continúa coa anulación do dereito a decidir sobre o propio corpo.

Acuña sinalou que a aplicación da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo non supuxo unha variación significativa no número de abortos dende a súa entrada en vigor, e mesmo tampouco incrementou os abortos entre as mulleres menores de 18 anos, que mesmo diminuíron á súa mellor cifra histórica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar