O PP utiliza o rolo parlamentario para perverter a reforma da Lei de Iniciativa Lexislativa Popular

O PP utiliza o rolo parlamentario para perverter a reforma da Lei de Iniciativa Lexislativa Popular

O PP utiliza o rolo parlamentario para perverter a reforma da Lei de Iniciativa Lexislativa Popular

A portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou ao PP de utilizar o “rolo parlamentario” para “perverter” unha proposición de Lei do BNG para reformar a Lei de Iniciativa Lexislativa Popular. Acusou ao PP de empregar a súa maioría absoluta para modificar os puntos básicos da iniciativa orixinal, ata o punto de que os socialistas abstivéronse no voto final.

Sestayo apelou ao grupo maioritario para “modificar o Regulamento do Parlamento” a fin de evitar estes “paradoxos” e “facer un punto e aparte para que o sentido común impere”. Considera un “despropósito” que unha iniciativa lexislativa promovida por un grupo parlamentario da oposición “acabe transformándose nunha Lei absorbida por outro grupo en contra dos puntos básicos da iniciativa orixinal”.

Criticou que ademais de apropiarse do texto para modificar a súa medula, o PP ten rexeitado as principais emendas presentadas polos grupos parlamentarios, cando “se trataba dunha magnífica oportunidade para tratar no Parlamento o reforzo da democracia que lamentablemente tense convertido nunha oportunidade perdida”. Reclamou o impulso á “democracia real” e lamentou que o PP vaia “na dirección diametralmente oposta”.

Os socialistas propuñan un texto conxunto con vocación de consenso para fixar a idade necesaria para impulsar as ILP, dado a discrepancia entre o BNG, que reclamaba os 16 anos, e o PP, que impediu baixar dos 18. A proposta socialista establecía a vía aberta polo Estatuto de Autonomía fixando a “necesidade de estar no censo”, sen facer maioría expresa á maioría de idade e “abrindo á porta a unha interpretación” da Lei.

Ademais, reclamaban que a Lei establecera a obriga de debater a Lei unha vez fora admitida a trámite, impedindo que poida ser admitida pero conxelada no Parlamento “sine die” de acordo coa vontade do grupo maioritario, xa que hoxe non existe límite temporal.

Finalmente, Sestayo explicou a proposta socialista para que os promotores das iniciativas que reúnan os requisitos legais sexan subvencionados polos gastos ocasionados na elaboración desta, como a recollida de sinaturas, ou os desprazamentos. Hoxe, tan só son subvencionadas as iniciativas que superan a toma en consideración nun debate plenario, o que limita considerablemente a capacidade de impulsar estas propostas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar