O PP utiliza Ferrol como "moeda de cambio" para as súas estratexias políticas

O PP utiliza Ferrol como "moeda de cambio" para as súas estratexias políticas

O PP utiliza Ferrol como "moeda de cambio" para as súas estratexias políticas

Sector Naval. Astilleros. AsteleirosO portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou ao PP de utilizar a Ferrol como “moeda de cambio para as súas estratexias políticas”. Así o dixo no debate en Comisión dunha proposición non de Lei para pedirlle ao goberno a construción do dique flotante nesta cidade, que foi rexeitada polo PP logo de que Feijóo se presentara como “garante” desta obra.

Losada criticou que o PP teña enviado parte da produción dos floteis de Pemex dos estaleiros de Navantia en Ferrol aos de Puerto Real, coincidindo con que “as enquisas apuntan a que van perder a Deputación Provincial de Cádiz”. Acusounos de amparar esta decisión logo do “aproveitamento indecente” dos contratos coa empresa mexicana por parte da Xunta, que os ten “amplificado e multiplicado” para acadar rédito electoral.

Acusou ao PP e ao goberno galego de ter seguido a mesma estratexia de aproveitamento co dique flotante de Ferrol, do que Feijóo pasou de ser o único garante a “non saber nada” acusando ao comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia. Censurou que o PP intente achacar a súa “incapacidade” sobre terceiros cando a realidade é que coa xestión de Feijóo Galicia está “a velas vir” mentres outros estaleiros asinan pedidos.

Escusas

Criticou que o goberno galego “tan só se dedique a buscar escusas” para “agochar a realidade de que non queren levar o dique flotante a Ferrol”, cando se trata dunha comarca co 33 por cento de desemprego e un sector, a industria, que ten perdido 27.000 empregos sobre unha poboación ocupada de 200.000 persoas”.

Lamentou que o sector naval “está condenado porque o PP está decidido a condenalo para favorecer aos seus propios intereses privatizadores” e desmantelar a empresa pública Navantia aínda a costa do “desemprego intolerable” que padece esta comarca.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar