O PP terá que posicionarse no pleno sobre un recurso contra o decreto que suprime as primas ás eólicas

O PP terá que posicionarse no pleno sobre un recurso contra o decreto que suprime as primas ás eólicas

O PP terá que posicionarse no pleno sobre un recurso contra o decreto que suprime as primas ás eólicas

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, presentará no Pleno desta semana unha moción para que a Xunta interpoña un recurso diante do Tribunal Constitucional contra o decreto de supresión das primas ás eólicas. O responsable socialista quere que o PP “vote e evidencie o seu apoio real ao sector das enerxías renovables de Galicia”.

Méndez Romeu esixiu “coherencia” á Xunta de Galicia, que hai meses anunciaba unha oposición frontal a calquera minoración das primas, en concreto sinalando que torpedearían calquera intento de redución das mesmas nun 40 por cento. Considera “incomprensible” que contra o Goberno socialista recorreran infrutuosamente o decreto do carbón e agora que Rajoy elimina as axudas ás eólicas se manteñan “caladiños”.

En opinión do parlamentario socialista, esta posición só pode entenderse “dende o punto de vista de quen renuncia a defender e impulsar á economía galega para secundar a paralización da industria das renovables como unha lamentable mostra de fidelidade ao seu part

ido”. Recomendou ao presidente da Xunta un “exercicio de realismo” para “percatarse de que o único que queda en evidencia é a parálise da Xunta e a súa nula influenza sobre Madrid”.

Suspensión cautelar

O responsable socialista reclama que este recurso inclúa a suspensión cautelar do concurso como única vía para modificar a norma e garantir que “a lo menos as empresas con parques xa concedidos teñan viabilidade”. Apuntou que “a única alternativa” para o sector neste momento é a derrogación deste Real Decreto Lei que foi aprobado de xeito unilateral e saltándose as competencias autonómicas.

Esta proposta incorpora unha reclamación para que o goberno central estableza un réxime excepcional para as instalacións de produción de enerxía eléctrica instaladas en Galicia e afectadas por esta norma. Méndez Romeu lembra que Canarias ten acceso a esta excepcionalidade e “cómo un goberno como o galego pode chegar a estar tan adormecido para que a ninguén se lle ocorra pedir o mesmo trato para Galicia”.

Apuntou que Galicia é a terceira Comunidade Autónoma en potencia eólica instalada, cunha aportación fundamental para o cumprimento da directiva comunitaria coñecida como “20-20-20” de eficiencia enerxética. Dixo que “aínda que só fora por este motivo, a industria galega das renovables merece ser coidada, e non estrangulada como están facendo Rajoy e Feijóo”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar