O PP suspende a privatización dos rexistros civís ata despois dos comicios por "pánico electoral"

O PP suspende a privatización dos rexistros civís ata despois dos comicios por "pánico electoral"

O PP suspende a privatización dos rexistros civís ata despois dos comicios por "pánico electoral"

Rexistro civilA portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou hoxe ao PP de ter “suspendido temporalmente” a privatización dos rexistros civís por “pánico electoral”. Así o confirma, explicou, que hoxe rexeitaran unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle ao goberno a paralización definitiva da privatización dos rexistros civís.

A deputada socialista advertiu que a posición do PP confirma que o anuncio do goberno é unha suspensión temporal ata as eleccións municipais e xerais e non da retirada dunha decisión lesiva para a cidadanía. Cualificou o anuncio de “paripé idéntico ao do ministro de Xustiza, que anunciaba que os trámites continuarían sendo gratuítos mentres pola porta de atrás negociaba cos rexistradores o prezo dos libros de familia”.

Criticou que o PP estea mais preocupado por garantirlle un nicho de mercado aos rexistradores mercantís, corpo ao que pertence o propio Rajoy, que garantir os dereitos da cidadanía. Criticou que “os traballadores e traballadoras poden sufrir recortes ou directamente o despido libre e os empregados públicos poden padecer todo tipo de recortes, pero os rexistradores non, non vaia ser que perdan o seu negocio”.

Sinalou que o único motivo para levar adiante a reforma dun servizo en funcionamento dende o século XIX é que atoparon unha veta de beneficios para un “corpo VIP” afectado pola caída do mercado inmobiliario. Así o recoñeceu, lembrou Sestayo, o propio director xeral de Xustiza nunha resposta a unha pregunta desta deputada en Comisión parlamentaria.

Para iso proceden á “mercantilización clara” dunha institución que cando “debera estar accesible para toda a cidadanía”, o PP decide afastala limitando os rexistros ás capitais provinciais e o privatizan en favor dos rexistradores da propiedade.

Sestayo presentou unha proposición non de Lei para que o PP e a Xunta se impliquen á hora de pedirlle ao Goberno que “desista da reforma iniciada do Rexistro Civil público e gratuíto tal e como está concibido na actualidade”. Esta iniciativa está a ser presentada en forma de moción en tódolos concellos de Galicia para “obrigar ao PP a pronunciarse diante desta agresión contra os servizos públicos”.

Censurou este “acto de negocio e corporativismo de quen nos goberna”, en alusión á condición profesional de Mariano Rajoy como rexistrador da propiedade”. A cesión de datos sensibles da vida cotiá de toda a cidadanía en favor dos rexistradores podería vulnerar ademais a Lei de Protección de Datos, “poñendo en perigo información sobre situacións que afectan ao estado civil e que debe ser protexida”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar