O PP socava o suposto diálogo, transparencia e proximidade do Parlamento limitando á oposición no debate do Estado da Autonomía

O PP socava o suposto diálogo, transparencia e proximidade do Parlamento limitando á oposición no debate do Estado da Autonomía

O PP socava o suposto diálogo, transparencia e proximidade do Parlamento limitando á oposición no debate do Estado da Autonomía

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que a redución no tempo de intervención e a limitación do número de propostas da oposición no debate do Estado da Autonomía socava a imaxe de diálogo, proximidade e transparencia que quere ofrecer o PP. O responsable socialista amosou o seu “escepticismo” diante dun debate no que o PP só permite presentar 50 iniciativas para agochar os incumprimentos da Xunta.

Acusou ao goberno de amordazar ao Parlamento e “tratar de evitar que quede negro sobre branco que abandonaron a iniciativa e que son absolutamente refractarios ás propostas da oposición”. Dixo que esta decisión responde á intención de evitar que os socialistas volvan presentar as 301 iniciativas do ano pasado nas que evidenciaban que o goberno abandonara o Plan Estratéxico Galicia 2010 – 2014 Horizonte 2020.

O responsable socialista considerou un contrasentido que o debate se vexa ampliado a 3 días este ano ao tempo que “hai menos iniciativas e hai menos tempo de debate” para reducir o protagonismo da oposición. O PP, dixo, quere evitar que o debate evidencie que a estratexia da Xunta de responder á crise con austeridade, recortes e privatización dos servizos públicos esenciais está “condenada ao fracaso”.

Abel Losada amosouse “estupefacto” diante das afirmacións do portavoz do PP, que onte aseguraba que Galicia estaba “mellor que fai un ano” cando o PIB diminuíu un 0,8 por cento, as administracións públicas un 4,6 por cento, o Índice de Produción Industrial un 4,1 por cento, hai 35.200 ocupados menos -14.300 no sector industrial- e hai 7.500 fogares mais con tódolos seus membros en paro, un 9 por cento mais.

Subliñou que “estamos mal, peor que fai un ano”, no que tan só aumentaron as exportacións a coste de reducir os salarios “de forma indecente” por unha reforma do mercado laboral que reduciu drasticamente o custe salarial.

Goteiras

O portavoz do Grupo Socialista instou hoxe a Feijóo a “arranxar as goteiras internas que deben ter” no interior do Grupo Popular con relación á proposta de modificar o sistema de retribucións dos deputados autonómicos. Dixo que logo de ter solucionadas as súas cuestións internas é o PP e a presidenta do Parlamento os que deben presentar unha proposta “formal e por escrito” que ata o momento foi escatimada.

Losada considera “razoable” que os deputados e deputadas coticen pola totalidade do seu traballo “como o resto dos traballadores”, si ben advertiu que este debate é presentado por Feijóo “cando ten que tapar algunha vergoña a costa de facerlle un dano enorme á credibilidade do sistema político”. Lembrou que o presidente da Xunta “leva falando deste asunto moito tempo pero non o fai”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar