O PP rompe a paz social sobre o aborto ao reformar a Lei "sacrificando a tódalas mulleres para contentar a un pequeno sector da Igrexa"

O PP rompe a paz social sobre o aborto ao reformar a Lei "sacrificando a tódalas mulleres para contentar a un pequeno sector da Igrexa"

O PP rompe a paz social sobre o aborto ao reformar a Lei "sacrificando a tódalas mulleres para contentar a un pequeno sector da Igrexa"

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou ao PP de “romper a paz social” sobre a interrupción voluntaria do embarazo” ao anunciar a reforma da Lei “sacrificando a tódalas mulleres por contentar a un pequeno sector da Igrexa. Así o dixo no debate dunha Interpelación na que reclamou a posición da Xunta sobre esta modificación anunciada polo Goberno.

A responsable socialista dixo que “non teñen respostas porque non teñen razóns para modificar a Lei” mais alá de cumprir un “compromiso electoral co señor Rouco para utilizar os dereitos das mulleres como moeda de cambio”. Advertiu que dificultar o acceso ao aborto “o único que produce é un aumento da mortalidade feminina por abortos clandestinos”.

Acuña reclamoulles que “apliquen o sosego que defende o seu presidente e agarden ata que o Tribunal Constitucional ditamine” sobre o recurso presentado polo PP contra esta Lei de 2010. Lembrou que o pai do ministro Gallardón “topouse cunha resolución en contra do Tribunal Constitucional contra a Lei de 1985, e agora o seu fillo quere adiantarse e reformar a Lei antes de que lle pase o mesmo”.

A responsable de Sanidade dixo que “eu mesma nin como muller, nin como socialista, nin como médica, pero sobre todo como persoa, non vou tolerar nin acatar un retroceso así” e advertiu que “non poden sacrificar a tódalas mulleres para contentar a un pequeno sector da Igrexa”.

Lembrou que foi o goberno central o que rachou coa paz social cun anuncio co que “os únicos contentos son os bispos” e advertiu que “igual que nós non estamos capacitados para falar de teoloxía Rouco Varela tampouco o está para falar do aborto”. Engadiu que “tal e como eu non utilizo a miña intervención para falar da Santísima Trinidade, parece razoable non utilizar as homilías para falar da Lei de saúde sexual e reprodutiva”.

Así, sinalou que “os sectores mais retrógrados están nerviosos porque queren aproveitar esta reforma para volver ao franquismo, os mais progresistas están preocupados polo retroceso en dereitos sociais, os mais moderados pregúntanse por qué xeran un lío onde non o había, e os mais nihilistas analizan cánto vai custar un cambio lexislativo innecesario da Lei cando din que non teñen nin para gasas”.

Subliñou que o goberno “debe respectar e facilitar unha decisión que provoca unha gran perturbación física e psíquica, e nunca obstaculizar e mesmo perseguir ás mulleres” que se ven obrigadas a interromper o embarazo.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar