O PP rexeita unha transaccional entre PSOE e BNG para dotar de carga de traballo os estaleiros de Navantia

O PP rexeita unha transaccional entre PSOE e BNG para dotar de carga de traballo os estaleiros de Navantia

O PP rexeita unha transaccional entre PSOE e BNG para dotar de carga de traballo os estaleiros de Navantia

Rodríguez esixiu carga de traballo, o dique flotante e o levantamento do veto da UE

Tamén, que se incremente a construción naval militar, potenciar o modelo de construción integral, e dotar ás diferentes factorías dos postos de traballo do persoal de xestión, técnico e produtivo para posibilitar a realización de proxectos de construción naval civil en cada factoría

A deputada socialista ferrolá Paloma Rodríguez critica o rexeitamento do PP, hoxe no Pleno, a unha transaccional acordada entre PSOE e BNG no Pleno de onte para dotar de carga de traballo aos centros de Navantia. Rodríguez defendeu no Pleno a emenda presentada polo grupo socialista a unha moción do grupo mixto sobre os estaleiros públicos, emenda que posibilitou a transacción entre ambos os dous grupos.

Coa súa emenda, a deputada socialista defendeu que se dote de carga de traballo aos estaleiros públicos, que se aprobe o presuposto necesario para a construción do dique flotante que se precisa nos estaleiros da ría ferrolá e que se elimine o veto á construción naval civil por parte da UE. Así mesmo, pediu que calquera tipo de modificación dos equipos reverta en emprego nas zonas dos estaleiros públicos, que se incremente a construción naval militar aínda que sen limitarse a este sector dada a situación actual e as posibilidades do mercado e potenciar un modelo de produción baseado na construción integral para evitar o incremento dos custos de produción sen excluír outros tipos de produción que supoñan carga de traballo.

Tamén, que se dote ás diferentes factorías dos postos de traballo do persoal de xestión, técnico e produtivo para posibilitar a realización de proxectos en cada factoría no ámbito da construción naval civil (buques mercantes, actividades offshore en forma de buque), con especial atención ao estaleiro de Fene na ría de Ferrol dada a súa situación de especial dificultade. "É unha trangallada que permanezan nas oficinas centrais un número tan elevado de persoal non suxeito a convenio cando se detecta a carencia deste alí onde se realiza ao actividade produtiva".

Respecto á viabilidade global da empresa, a deputada socialista formulou dotar a cada zona de elementos de xestión que permitan realizar unha real racionalización de proxectos e traballo unificando ademais as sinerxías das Administracións comprometidas en cada zona.

Rodríguez incidiu en que "o sector naval de Ferrolterra considera como unha das súas oportunidades de revitalización e mantemento a construción dun dique flotante que amplíe as súas actividades na sección de reparacións". "Esta consideración é unánime na bisbarra".

Non obstante, criticou que asistimos a profundos desencontros entre o Goberno do PP en Madrid e o do PP en Galicia utilizando argumentos e contraargumentos que paralizan e entorpecen a construción do dique". "De nada serve que Montoro chame á tranquilidade da zona se non realizan accións concretas para dar resposta á demanda dos traballadores e a cidadanía"

Así, esixiu que "o proxecto do Goberno para Navantia debe ter prioridade absoluta en tempo e esforzo para dar carpetazo definitivo con rigor e con firmeza á agonía que padecen os estaleiros públicos".

"A demanda en Ferrol, en Navantia, é clara -afirmou- carga de traballo, non ao veto e dique si".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar