O PP rexeita unha proposta socialista en contra da incineradora de O Irixo

O PP rexeita unha proposta socialista en contra da incineradora de O Irixo

O PP rexeita unha proposta socialista en contra da incineradora de O Irixo

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, reclamou á Xunta que rexeite a construción da incineradora do Irixo renunciando ademais á construción dunha segunda incineradora en calquera lugar de Galicia. Así o dixo no debate dunha moción que tivo lugar no Pleno do Parlamento e que foi rexeitada hoxe polo PP.

Gallego dixo que esta incineradora “condena a Galicia a mais incineración e máis vertedoiros” e que, de cumprirse os plans do goberno galego, “condena ás comarcas de Carballiño – Ribeiro e Deza a un futuro incerto asociado á contaminación e ao lixo”. Dixo que este proxecto supón “castigar a estas comarcas en lugar de potenciar as súas capacidades agrícolas e gandeiras, vitivinícolas e de turismo de calidade”.

A parlamentaria socialista lembrou dos efectos negativos da incineración tanto para a saúde como para o medio ambiente, “e polo tanto para a poboación e o entorno natural do Irixo”. Este modelo de tratamento do lixo, dixo, é actualmente “a sexta fonte de emisión de gases de efecto invernadoiro que aceleran o cambio climático, nun modelo de produción que “demostrou ser unha actividade economicamente insostible”.

Os socialistas galegos reclamaron por este motivo a renuncia do goberno galego aos seus plans de construción dunha segunda incineradora en calquera lugar de Galicia, e mesmo instaron a “utilizar a incineradora de Sogama en Cerceda unicamente para os rexeitos de todos os demais sistemas de tratamento de residuos”.

Gallego chamou ao Goberno galego a “solventar o grave problema de saturación do Complexo Ambiental de Sogama en Cerceda” desenvolvendo para iso a normativa autonómica sobre compostaxe a partires da Lei 10/2008 de Residuos de Galicia. Ademais, reclamou o adiantamento do inicio da construción das plantas de compostaxe previstas no Plan Galego de Residuos 2010 – 2020 ao ano 2012.

Tamén solicitou a posta en marcha, no mes de xaneiro de 2012, “dun acordo que favoreza a complementariedade e misticidade dos distintos modelos de xestión de residuos existentes en Galicia (Sogama, Nostián e Lousame) para evitar a incineración de materia orgánica”.

Finalmente, esixiu que no ano 2012 sexan construídas as plantas xa existentes as infraestruturas necesarias e previstas no Plan de Residuos 2010 – 2012 para favorecer a reciclaxe.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar