O PP rexeita unha proposta para implementar un plan de restauración medioambiental no macizo central ourensán

O PP rexeita unha proposta para implementar un plan de restauración medioambiental no macizo central ourensán

O PP rexeita unha proposta para implementar un plan de restauración medioambiental no macizo central ourensán


A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento para defender unha proposición na que reclamou ao Goberno de Feijoo deseñar e implementar un Plan de restauración medioambiental e de valoración do macizo central ourensán.
A proposta foi rexeitada polo PP.

Verdes reclamou na iniciativa que a Xunta estableza regulamentariamente as excepcións de pastoreo nas zonas afectadas polos incendios forestais. Demandou ademais publicar de xeito urxente unha orde de axudas en concorrencia competitiva, con dotación económica, para promover a recuperación e rexeneración ambiental e do potencial forestal danada polos incendios forestais, xunto coas zonas de pastoreo.

A portavoz de Medio Rural esixiu tamén poñer en marcha un plan plurianual para a integración gandeira extensiva na prevención de incendios forestais deseñado en colaboración cos gandeiros e gandeiras. E por ultimo pediu acadar un manexo axeitado do gando extensivo, atendendo a criterios productivos e de sostibilidade para a prevención de incendios e a implementacion de pastos de montaña.

A deputada dixo que en case 3 anos de goberno de Feijoo “non tivemos Conselleiro, e agora non temos nin Consellería nin Conselleira “. Asegura que a política do PP pasa polo “peche de explotacións, o plan de abandono, a incineradora de lixo e a forestación masiva, que é a mais rentable en terras agrarias que no Macizo Central”, resumiu.

Afirma que a provincia de Ourense “é a que mais sofre o abandono”, xa que soporta o 69% dos lumes de Galicia. A parlamentaria explica que a metade do monte que é mato, e xunto a desaparición da actividade agrogandeira, cando apenas queda un 20% de superficie agraria que tende a diminuír, o que conleva a eliminación dos efectos dos cortalumes naturais.

Así as cousas advirte que o sector produtor gandeiro de Ourense, con máis de 5.000 explotacións “atópase azotado polas dramáticas consecuencias”, tanto económicas como sociais, da alarmante vaga de lumes que durante o mes do outono se cebaron co Macizo Central Ourensán, algo que non fan mais que agravar a situación de crise que soporta o sector logo da nefasta xestión do goberno galego.

Os gandeiros galegos non poden ser os sofren as consecuencias dos incendios

Dixo que os gandeiros galegos non poden ser os sofren as consecuencias dos incendios e os que soportan tamén as consecuencias dos lumes, por mor da falla de pastos ou as prohibicións do pastoreo nas zonas queimadas.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar