O PP rexeita unha iniciativa socialista que demandaba a devolución aos contribuíntes das cantidades cobradas de forma indebida polo céntimo sanitario

O PP rexeita unha iniciativa socialista que demandaba a devolución aos contribuíntes das cantidades cobradas de forma indebida polo céntimo sanitario

O PP rexeita unha iniciativa socialista que demandaba a devolución aos contribuíntes das cantidades cobradas de forma indebida polo céntimo sanitario

Os socialistas galegos demandaron no Parlamento á Xunta, en coordinación coa Axencia Tributaria, medidas para que os contribuíntes reciban as cantidades cobradas de forma indebida polo céntimo sanitario.

Na defensa da proposición non de lei, rexeitada polo PP, o portavoz de Facenda do PSdeG, Juan Carlos González Santín, lembrou que “as administracións cobraron 13.000 millóns de euros por este imposto e agora o que demandamos ao goberno galego é que faga algo para que os afectados recuperen os cartos”.

O Tribunal de Xustiza da UE considerou a lei que recollía o imposto contraria á normativa europea e o Tribunal Supremo deliberou e votou recentemente os oito primeiros recursos de reclamación de responsabilidade patrimonial do Estado polo Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos. O sentido do fallo é estimatorio dos recursos.

“A estimación dos oito recursos é moi relevante xa que os supostos estudados foran escollidos por ser representativos dos máis de 4.000 recursos chegados ao Alto Tribunal, provenientes na súa maioría de empresas transportistas; un dos argumentos recorrentes dos recursos era que Facenda marcaba uns requisitos que facían moi difícil obter a devolución”, asegurou Santín.

O deputado socialista dixo que “a día de hoxe, falamos dunha devolución que non chega ao 25% e que apenas supón 3.000 millóns, menos da cuarta parte dos 13.000 millóns que conseguiu recadar Facenda con este polémico tributo que xa pasou á historia”.

“No caso das empresas de transportes, como teñen uns consumos moi elevados poden chegar a reclamar uns 3.000 euros por ano e vehículo, unha cantidade moi importante para un sector que sufriu especialmente a crise económica”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar