O PP rexeita unha iniciativa para restituír ás axudas aos concellos para a recollida de lixo

O PP rexeita unha iniciativa para restituír ás axudas aos concellos para a recollida de lixo

O PP rexeita unha iniciativa para restituír ás axudas aos concellos para a recollida de lixo

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu na Comisión 2ª do Parlamento, mediante unha proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo restituír o orzamento de 589.723 euros con cargo aos orzamentos para o ano 2011, e deixar sen efecto a Orde 19 de xullo de 2011. A proposta, que foi votada por puntos, foi rexeitada polo Partido Popular.

Tamén reclamou poñer en marcha, de acordo cos concellos, un programa urxente de reducción de lixo en orixe co obxectivo de diminuír a factura dos residuos sólidos urbanos, co fin de evitar que chegue menos lixo a Cerceda. Advirte que esta factura a día de hoxe “esta xerando perdidas”, porque o custo é moi elevado e non se recupera pola vía da taxa aos usuarios”.

Gallego denunciou que o Goberno de Feijoo decidiu unilitareralmente, e sen previo aviso aos concellos, retirar o orzamentos aos concellos de Galicia para a recollida e transporte de lixo. Advertiu que as xustificacións empregadas dende a administración autonómica para retirar estas subvencións “son argumentos falaces”. A maiores a parlamentaria socialista puxo en dubida a legalidade desta actuación.

Asegura que a xustificación de Feijoo “é inadmisible, e so busca botarlle a culpa aos demais da súa incapacidade de xestión”. Cualifica de “inxustificable” esta actuación, no que debera ser un marco de cooperación entre as administracións.

A deputada dixo que esta situación de desamparo cara os concellos por parte do Goberno de Feijoo “dificulta gravemente a súa delicada situación financeira”.
Plan de Residuos de Galicia

A portavoz de Medio Ambiente denuncia que a Xunta non se comprometeu a explícitar no Plan de Residuos de Galicia que a distancia máxima entre plantas e os concellos a que teñen que transportar sexa nun radio non superior de 37 quilómetros en todo territorio. Dixo que a incineradora de O Irixo non axuda a descentralizar e a aproximar os centros de tratamento de residuos aos concellos de Galicia.

Emprazou ao PP “a escoitar aos seus Alcaldes” para comprobar tamén que esixen estas axudas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar