O PP rexeita unha iniciativa socialista para poñer en marcha nas cidades de Galicia o servicio de información e asesoramento a LGTB

O PP rexeita unha iniciativa socialista para poñer en marcha nas cidades de Galicia o servicio de información e asesoramento a LGTB

O PP rexeita unha iniciativa socialista para poñer en marcha nas cidades de Galicia o servicio de información e asesoramento a LGTB

A portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Socialista Silvia Fraga interveu na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar á Xunta poñer en marcha en tódalas cidades de máis de 50 mil habitantes, e nas cabeceiras de comarca, o servizo de información e mediación dirixido a LGTB (Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais). A proposta foi rexeitada polo PP.

Trala votación a deputada lamentou o rexeitamento do Partido Popular “son uns auténticos hipócritas profesionais”, espetou na comisión. Advirte “que aínda queda moito camiño por percorrer, para que a liberdade e a igualdade e a non discriminación por razón de orientación sexual recollida na nosa Constitución sexa realidade”. E replica que o PP “votou en contra de todas e cantas iniciativas se aprobaron que significaran avances para a poboación LGTB”. Ademais lembrou que ten recorrida unha da normativa mais importantes “a que equipara en dereitos civís as persoas do noso pais”. E critica que xa anunciaron que “derrogaran esta lei si chegan ao poder”.

A portavoz socialista afirmou que presentou esta proposta “para solidarizarse coa poboación LGTB, que esta mesma semana celebran o Día do Orgullo por todo mundo”. Subliñou que o PSOE liderou e impulsou as profundas transformacións en materia de dereitos civís deste colectivo.

Fraga lembrou na súa intervención que “foron moitos os logros acadados nos últimos anos na loita contra a homofobia e no recoñecemento de dereitos de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais”. Así as cousas dixo que “o PSOE colocou a España na vangarda dos estados que recoñecen a igualdade legal e a dignidade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais”.

Subliñou que no ano 2005 un goberno socialista impulsou a aprobación dunha lei que posibilita o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e o exercicio de cantos dereitos implica, “a pesar da oposición do PP”, advertiu.

A deputada asevera que as lesbianas, gays, transexuais e bisexuais levan sufrido numerosas discriminacións ao longo da historia. Na actualidade son moitas as persoas que sofren ataques físicos e verbais unicamente pola súa orientación sexual e pola súa identidade de xénero.

A parlamentaria socialista afirma que “é fundamental que tódalas administracións públicas se impliquen na loita contra a homofobia con diferentes instrumentos, informando e orientando a aquelas persoas que poden sufrir ou vivir algunha destas situacións, que atenta contra a súa dignidade e contra a súa liberdade individual”, proclamou.

Argumenta ademais que a información e a educación son os camiños para acadar unha sociedade máis xusta, onde as persoas poidan vivir en sintonía coa súa orientación sexual en todas as nosas vilas e cidades.

E insistiu na súas reclamacións “creemos que a Xunta debe crear un conxunto de ferramentas e recursos que aseguren unha axeitada e acertada atención fronte a calquera tipo de discriminación ou abusos que atenten contra a dignidade e a integridade física das lesbianas, gays, transexuais e bisexuais, así como un correcto asesoramento a pais e adolescentes sobre calquera dúbida ou problema co que se poidan atopar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar