O PP rexeita unha iniciativa socialista para paliar a grave situación das explotacións agrogandeiras de Galicia

O PP rexeita unha iniciativa socialista para paliar a grave situación das explotacións agrogandeiras de Galicia

O PP rexeita unha iniciativa socialista para paliar a grave situación das explotacións agrogandeiras de Galicia

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento para reclamar medidas para paliar a grave situación na que se atopan as explotacións agrogandeiras galegas e garantir a súa viabilidade, que permitan facer fronte as consecuencias da seca e ao incremento dos custes de producción.
A proposta foi rexeitada polo PP.

A deputada dixo que o Goberno de Feijoo ten tódalas competencias en materia de agricultura, de gandeiria, de desenvolvemento rural, pero denuncia a inacción do PP.

Verdes dixo que a realidade galega dende a chegada de Feijoo “en Galicia pecharon mais de 2000 explotacións leiteiras que tiñan vocación de futuro”. Pero advirte que non puideron facer fronte ao incremento nos custes, a baixada nos precios do leite que é o mais baixo da UE, á caída das rendas, as perdas que non lles permiten facer fronte as débedas, e por todo isto “hoxe outras 3000 explotacións están ao borde do peche”.

Explica tamén que no último ano a tonelada de penso nunha granxa de leite incrementouse arredor de 70 euros, o que supón que o incremento dos custes dos pensos darredor do 28%, e conleva custes superior ao 19,5%. Ademais alude á subida do gasóleo darredor dun 42%, e da electricidade nun 26%, o que supón incrementos adicionais de 687 euros no caso do gasoil e de 880 euros mais polo incremento nos custes da electricidade.

Por todo isto afirma que a seca afectou de xeito considerable á producción de forraxe, afectando tanto á colleita de herba seca coma a cantidade aínda que non a calidade do ensilado de herba, cunha merma do 40% na producción forraxeira. Dixo que arredor do 35% do millo sementado perdeuse por mor da sequía, sen que chegara a nacer e a colleita deste forraxe que constitúe o 60% da ración dunha vaca de leite reduciuse nun 50%.
Sobrecuste

Así as cousas sinala que os gandeiros/as vanse ver obrigados a mercar os alimentos necesarios para cubrir o déficit de forraxe, que será mais acusado a medida que se vaian consumindo os ensilados cara o inverno . Asevera que os gandeiros/as terán que asumir un importante sobrecuste nas súas explotacións co conseguinte diminución das rendas, e que poñerá en risco o futuro e a viabilidade de moitas explotacións,sendo a situación inasumible na meirande parte dos casos.

Verdes afirma que Galicia “precisa un goberno que aposte polo redimensionamento e a modernización das explotacións, con medidas efectivas, para valorizar o medio rural”, por iso critica que destes compromisos “non din nada os orzamentos da Xunta de Galicia”. E replica que as contas autonómicas “recortan axudas as explotacións, recortan a dotación para mobilidade de terras, e mentres incrementan os gastos en persoal, priorizan os recursos europeos para contratar asistencias técnicas ou propaganda, e éso non é priorizar, nin apostar polo futuro das explotacións galegas”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar