O PP rexeita unha iniciativa para non poñer trabas ao exercicio do dereito á asistencia sanitaria

O PP rexeita unha iniciativa para non poñer trabas ao exercicio do dereito á asistencia sanitaria

O PP rexeita unha iniciativa para non poñer trabas ao exercicio do dereito á asistencia sanitaria

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose interveu na Comisión 5ª do Parlamento, mediante unha proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo que non poña trabas para o exercicio do dereito á asistencia sanitaria da cidadanía galega e facilitar a tarxeta sanitaria do Sergas, sen mais requisitos co de residir nun municipio de Galicia. A proposta foi rexeitada polo Partido Popular.

O portavoz de Sanidade lembrou que rexistrou esta proposición no mes de agosto, tras coñecer por medio de moitos cidadáns en situación de paro, emigrantes retornados ou mulleres divorciadas, que persoal da Consellería de Sanidade nos Centros de Saúde da nosa Comunidade, están transmitindo que non teñen dereito a asistencia sanitaria, remitíndoos ás oficinas da Seguridade Social. Dixo que a evidencia deste asunto foi tal, que o Goberno de Feijoo tivo que recoñecer estes feitos e reconducir a situación.

Replica que a día de hoxe “os problemas sobre a tarxeta sanitaria seguen existindo”. Explicou o sistema sanitario “é universal, con financiacion publica e provisión de servicios fundamentalmente públicos, aínda que se utilizan os privados como complementarios”. Polo tanto a universalización da sanidade ten que ser entendida como obrigación dos sistema nacional de saúde para todos os que o solicitan. E insistiu “o sistema ten obrigación de atendelos”, resumiu.

A maiores subliñou que a lexislación actual prevé que todo cidadán residente en España ten dereito a obter un cartón sanitario, e puntualizou que hai unha lexislación específica en Galicia adoptada nese sentido a Lei 8 do 2008, que sinala que poden obter este documento calquera persoa residente na Comunidade.

Dereito cidadán

O deputado afirma que existe lexislación sobrada para considerar o dereito á atención sanitaria como un dereito cidadán, e puntualiza que non é preciso estar de alta na Seguridade Social, polo tanto afirma que “non necesitan buscar ningún familiar do que depender para exercer ese dereito á asistencia, só ten que acreditar a súa residencia nun municipio de Galicia”.

Pose denuncia que o Partido Popular “lexisla para pobres, e ese é coller un camiño equivocado”, espetou.

A maiores demandou ao Goberno de Feijoo “recoñecer a legalidade vixente, e reclamoulle que derrogue o que xa teñen lexislado dun xeito equivocado, incluída a lei de acompañamento dos orzamentos”, que acaba de ser aprobada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar