O PP rexeita unha iniciativa socialista para incluír a Serra do Galiñeiro na Rede Natura

O PP rexeita unha iniciativa socialista para incluír a Serra do Galiñeiro na Rede Natura

O PP rexeita unha iniciativa socialista para incluír a Serra do Galiñeiro na Rede Natura

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu na Comisión 7ª do Parlamento para reclamar á Xunta, mediante unha Proposición, que incluía na ampliación da Rede Natura 2000 que se está tramitando a Serra do Galiñeiro. A proposta foi rexeitada polo PP. Alí denunciou que o Goberno de Feijoo favorece intereses particulares e empresariais en vez de defender o interese xeral.

Asegurou que presentou esta iniciativa coa intención de protexer mais e mellor esta paraxe natural, e nese senso loubou o esforzo dos comuneiros por salvagardar este espazo.

A deputada socialista criticou que a Xunta unha vez mais esta tramitando con retraso e co risco de ser sancionada, a ampliación da Rede Natura 2000. Asegura que a proposta de ampliación xa estaba rematada e incluíase esta Serra dentro da Rede, pero denuncia que o Goberno de Feijoo “esta paralizando esta decisión sen ningún argumento convincente”.

Asevera que a Xunta esta supeditando esta decisión a intereses relacionados con empresas privadas ou doutras Consellerías, e di que estes intereses non teñen nada que ver “coa protección ambiental e coa protección da Rede Natura”, insistiu.

A maiores puxo como exemplo a aprobación, no pasado mes de decembro no Consello da Xunta, o Plan de Ordenación Territorial e nas DOT, e donde se excluíu premeditadamente unha figura que protexía a Rede Natura; ou mesmo na pasada semana a Xunta declarou de interese publico unha actividade económica “que non é publica senón privada”, co fin de burlar o artigo 6 da Directiva Hábitat e permitir instalacións industriais en zonas de Rede Natura con Hábitats de interese comunitario.

Hai especies ameazadas de extinción

Gallego explicou na súa intervención que a Serra do Galiñeiro é un macizo tectónico que se ergue sobre o río Lagares e o curso alto do Zamáns no concello de Vigo, enlazando na súa cara sur co Monte Aloia.

Sobre a súa vexetación dixo que está composta por toxos e breixos, con restos de bosque autóctono orixinal de folla caduca (carballos e castiñeiros). Algunhas especies de breixos e toxos e algunhas plantas que medran nos cumios ou nas zonas húmidas da serra teñen un alto valor botánico por seren endemismos ben conservados.

No que se refire á fauna abondan as especies típicas dos ambientes forestais ben desenvolvidos coma o raposo, coello, perdiz, pito real, etc., destacan especialmente algunhas aves ameazadas que atoparon na serra un hábitat estable como a azulenta papuda (prunella collaris) e son doadas de ver o miñato común, azor, avelaiona, gabián, etc.

A portavoz socialista advirte que hai anfibios e algunhas especies ameazadas de extinción e que só teñen presenza en ámbitos naturais non degradados como a píntega rabilonga (chioglossa lusitanica), rá patilonga ou a salamanquesa (comprobade que este sexa o nome en galego de “salamandra”), entre outros. E preguntoulle si estes animais non teñen dereito a ser protexidos.

Así as cousas afirma que espazo natural non ten ningunha figura de protección ambiental aínda que linda co Parque Natural do Monte Aloia incluído na Rede Natura 2000.

Proposta ao Consello Galego de Medio Ambiente

Por ultimo aludiu a Proposta de ampliación da Rede Natura 2000 trasladada polo anterior Goberno ao Consello Galego de Medio Ambiente, na que se incluía a Serra do Galiñeiro, e di que a Xunta “esta ocultando este documento deliberadamente”, co fin de evitar que esas propostas de ampliación impidan desenvolver eses proxectos empresariais da Rede Natura 2000 para defender os intereses privados que lle interesan ao PP.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar