O PP rexeita unha iniciativa socialista para acelerar os traballos da variante de Aradas

O PP rexeita unha iniciativa socialista para acelerar os traballos da variante de Aradas

O PP rexeita unha iniciativa socialista para acelerar os traballos da variante de Aradas

O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga interveu hoxe, mediante unha Proposición na Comisión 2ª do Parlamento, para reclamar ao Goberno de Feijoo acelerar os traballos para posibilitar a licitación da chamada variante de Aradas en Compostela no ano 2011, e a súa posta en servicio no ano 2012. A proposta foi rexeitada polo PP.

Alí denunciou “que dende fai mais de dous anos non hai ningunha actuación nova da Consellería de Infraestructuras en Compostela”.

Na súa intervención argumentou que a infraestructura de responsabilidade autonómica máis demandada en Santiago de Compostela é a variante de Aradas. Asegura que un curto viario de menos de dous quilómetros, que conectará o Polígono do Tambre coas estradas a Trazo e Santa Comba, permitindo que o tráfico de camións que xera o Polígono en dirección á Costa da Morte ou Bergantiños evite as rúas de Compostela, singularmente a avenida de Castelao que circunvala Vite.

Sinalou que esta obra está dentro das prioridades que o Plan MOVE establece para Santiago de Compostela e a súa comarca, e lembra que xa foi obxecto de iniciativas por parte do Grupo Socialista para axilizar a súa execución. O seu limitado tamaño permite a construción do viario cun uso moi limitado de recursos orzamentarios, sendo un dos investimentos máis rendíbles dos que pode acometer a Consellaría de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas nesta lexislatura.

Paso de tartaruga

Así as cousas denunciou que este proxecto avanza con paso de tartaruga.

Dixo que o Goberno de Feijoo tardou un ano aproximadamente, en publicar o anuncio do concurso de redacción do proxecto (en abril de 2010), e tardou oito meses en proceder á adxudicación definitiva (do 30 de abril), data límite de presentación das ofertas ao 23 de decembro de 2010, da redacción do proxecto á consultora Girder.

O parlamentario afirma que o concurso daba un prazo de oito meses, a todas luces excesivo para un trazado de tan só 2 quilómetros.

Lavacolla un exemplo de compromiso

Pola contra puxo como exemplo de vontade política a nova terminal aeroportuaria de Lavacolla, que tivo un investimento de 260 millóns de euros e resulta un exemplo de execución acelerada dun proxecto. Por iso insistiu “cando unha administración quere, pode facer as cousas rápido”, proclamou.

Ademais lembroulle ao Conselleiro de Infraestructuras o seu compromiso con Santiago de Compostela, e a súa participación na candidatura do PP local “si o Conselleiro Agustin Hernández quixera esta obra estaría en servicio”, insistiu.

Leiceaga envioulle unha mensaxe ao PP “non convertan os problemas do Goberno Galego nos problemas de tódolos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar