O PP rexeita unha iniciativa para acometer un plan urxente de restaruración ambiental das zonas afectadas polos incendios

O PP rexeita unha iniciativa para acometer un plan urxente de restaruración ambiental das zonas afectadas polos incendios

O PP rexeita unha iniciativa para acometer un plan urxente de restaruración ambiental das zonas afectadas polos incendios

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu na Comisión 7ª do Parlamento, mediante unha Proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo acometer de maneira urxente un Plan de Restauración Ambiental das zonas afectadas polos incendios forestais, en colaboración cos concellos, con medidas e accións efectivas para loitar contra os procesos erosivos inminentes e de recuperación e rexeneración dos hábitats afectados unha vez sexa avaliado o impacto ambiental do lume nestes territorios.

A parlamentaria socialista denunciou a política de recortes de Feijoo na prevención de incendios na nosa Comunidade, dixo que houbo “temeridade e falla de previsión” por parte da Xunta. E asegura que a estratexia do Goberno Galego pasa por “botar as culpas ás demais administracións no tocante as súas propias responsabilidades”.

E envíolle unha mensaxe ao Goberno de Feijoo “é hora de actuar non de presentar estudios, como demanda o PP, porque as consecuencias desta inacción é moi grave”. Afirma que “Feijoo escapa e abandona aos galegos cando hai problemas”, espetou.

Coas cifras na man asegura que Feijoo recortou en 22 millóns de euros en xestión forestal e prevención de lumes, e critica que se deixaron de gastar no orzamento do ano 2010, 28 millóns de euros. Asegura que con esta folla de ruta Feijoo “renunciou á investigación e a persecución dos que prenden lumes”, xa que se recortaron os BIIF (Brigadistas de Investigación de Incendios Forestais) e desmontaron as casetas de vixilancia.

No que se refire aos medios humanos adicados a extinción dixo que a Xunta “contratou en función dos lumes”, e advirte que xa “a mediados de setembro extinguiuse a metade dos contratos, como mesmo recoñeceu o propio Conselleiro”.

Gallego asevera que Feijoo “minte e oculta información e manipula os datos dos lumes da nosa Comunidade”. Replica que a Xunta non informa de tódolos lumes, non se ofrecen datos reais e non se contabilizan os grandes incendios forestais.

Tardaron 5 veces mais

Sinalou que na provincia de Ourense arderon mais de 23.000 hectáreas “tardaron 5 veces mais que na pasada lexislatura en chegar aos lumes”. Mais polo miúdo denunciou que no Macizo Central Ourensán arderon milleiros de hectáreas, e mais de 2.000 hectáreas do Parque Natural do Xures que tamén é LIC da Rede Natura e Zepa. E mesmo dentro do parque do Xures “unha parte no lugar da Fraga no concello de Lobeira e Pradenda”. Ademais no concello da Mezquita ardeu o LIC de Pena Maseira, e o LIC de Pena Veidoso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar