O PP rexeita unha iniciativa para recuperar a produción galega de semente de bivalvos

O PP rexeita unha iniciativa para recuperar a produción galega de semente de bivalvos

O PP rexeita unha iniciativa para recuperar a produción galega de semente de bivalvos

 

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento para reclamar á Xunta “recuperar e poñer en activo” as instalacións acuícolas destinadas á producción de semente de bivalvos que “como consecuencia da crise ou por causas alleas á súa propia actividade están paradas ou abandonadas”. A proposta foi rexeitada polo PP.

A portavoz de Pesca subliñou que en Galicia hai 100 millóns de m2 adicados a bancos marisqueiros, donde se producen 7 millóns de quilos de ameixas e berberechos, e donde mais de 5000 persoas viven deste sector. E lembra que Galicia é “a primeira rexión marisqueira europea en canto á producción de bivalvos extraídos de bancos naturais” .

Nese senso a parlamentaria socialista lamentou “o bochornoso esperpento” deste verán sobre as previsións da Xunta para reinstalar e depurar no porto de Morás (Xove), marisco de zonas que superan os niveis de contaminación. Cualificou esta actuación como “unha mala película con moito luceiro e efectos especias, cun guión de Maneiro Cadillo (Director Xeral de Competividade e Innovación) e baixo a dirección da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que semellaban ao filme “Paseando a Miss Daissy porque aquí paseouse a Miss Batea”, ironizou. Sobre este asunto a deputada criticou o “silencio absoluto” do Partido Popular.

Preguntou porque a Xunta ten paralizado o maior proxecto de producción de semente de bivalvos en Ribeira?. E insistiu “será para favorecer os intereses da empresa na que traballou o Señor Maneiro Cadillo?”, espetou

Goletazo

Na súa intervención tamén fixo alusión a s irregularidades detectadas por Portos no proceso da compra das tres lanchas que substituíron á famosa “Goleta” de Feijoo. Dixo que con esta nova revelación constatase o fracaso dos proxectos de recuperación de embarcacións impulsados pola Xunta.

Soneira reclama na iniciativa rexistrada que realizar os estudos necesarios que nos permitan coñecer as  nosas necesidades de semente de bivalvos a curto, medio e longo prazo. Estes estudos terán que estar elaborados antes de que remate o presente ano e as súas conclusións serán remitidas o Parlamento e ao sector.

Liñas de apio e subvencións

 

Tamén solicita incentivos e liñas de apoio, axudas e subvencións específicas, a proxectos que teñan por finalidade a investigación, producción e cultivo de semente de bivalvos, priorizando as iniciativas promovidas por colectivos, empresas e organismos do propio sector productivo e dos equipos de investigación vinculados ás universidades e dos centros de investigación dependentes da Administración.   

Soneira demanda ademais establecer un programa específico que promova a creación de minicriadoiros, polo menos, en cada unha das rías galegas, dependentes das agrupacións de mariscadores, e coa capacidade suficiente para auto abastecerse de semente de bivalvos con destino ás súas propias concesións e que permitan, potencialmente, vender os excedentes. A Xunta de Galicia asinará convenios para o mantemento económico dos proxectos e a viabilidade técnica.

Solicita que a Xunta de Galicia incremente os controis e vixilancia para impedir a chegada aos nosos bancos marisqueiros de especies non autorizadas, ou en malas condicións sanitarias ou biolóxicas.

E por ultimo reclama establecer liñas de subvención e axuda, con carácter de urxencia, que se destinen a recuperar e poñer en activo instalacións acuícolas, que hoxe quedan abandonadas e incluso en estado ruinoso, para destinalas á producción de semente de especies de interese marisqueiro,  ou de proxectos  de investigación relacionados coa mesma finalidade.

O Goberno de Feijoo descoñece esta actividade

A portavoz de Pesca advirte que as “carencias” no esforzo da Xunta de cara ao I+D+i destas produccións “que involucran no seu contorno a un número importante de actividades que xeran actividade económica e emprego moi cualificado”. Apunta que o Goberno galego “parece descoñecer que cada euro investido no desenvolvemento desta actividade ten retornos económicos, laborais e científicos que poden supor unha revolución para o futuro da acuicultura”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar