O PP rexeita unha iniciativa para poñer en marcha un plan de emprego feminino

O PP rexeita unha iniciativa para poñer en marcha un plan de emprego feminino

O PP rexeita unha iniciativa para poñer en marcha un plan de emprego feminino

A portavoz de Mocidade e Voluntariado do Grupo Parlamentario Socialista Silvia Fraga interveu na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar ao Goberno de Feijoo poñer en marcha un Plan de emprego feminino que conteña actuacións para reducir as taxas de desemprego feminino, a desigualdade salarial e a eventualidade na contratación das mulleres en Galicia. Tendo como premisa básica para a súa elaboración o fomento da corresponsabilidade. A proposta foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista dixo que para o PSdeG “é fundamental poñer o foco sobre a urxencia da implementación, e non esquecer as políticas de igualdade”. Explica que en Galicia as cifras de paro son alarmantes, e as cifras do desemprego dende a chegada de Feijoo medrou o dobre que no resto de España.

Sinala que a día de hoxe en Galicia hai 242.142 en paro, das que 128.330 son mulleres, 11.426 máis que en marzo de 2009, o paro entre as mulleres medrou un 8,9% máis.

A deputada argumenta que cos datos na man “que as mulleres seguimos gañando menos un 17,5 % menos que un home en Europa, un 17,1% menos en España e un 25% menos en Galicia”. Afirma que as profesión eminentemente feminizadas están peor pagadas, e as mulleres seguimos tendo traballos máis precarios, tanto pola temporalidade como pola parcialidade. Sinala que de 80 de cada 100 postos de traballo a tempo parcial son ocupados en Galicia por mulleres.

Explica que en Europa a taxa de emprego das mulleres con fillos dependentes é dun 62,4% a dos homes na mesma situación é dun 91,4% . Denuncia que o 65% das mulleres que se quedan embarazadas son despedidas no sector privado nos meses seguintes a facer pública a súa situación. E insistiu “a discriminación directa é ilegal, pero a desigualdade desprazouse da norma, a algo máis sutil, as costumes, a falta de promoción, a falta de visibilidade no mundo laboral”.

Ademais criticou os incumprimentos do Goberno de Feijoo “comprometeuse no seu contrato con Galicia a reducir a fenda salarial entre mulleres e homes, a poñer en marcha o consello galego das mulleres e a crear o observatorio galego da violencia de xénero, e a crear comisión interdepartamental de igualdade e preguntou “que fixo en case 3 anos?. Nada”, resumiu.

Por ultimo afirmou que o Goberno de Feijoo “non é paritario, suprimiu SGI para aforrar 60.000€, reduciu a cantidade adicada a igualdade nun 80%, e paralizou o plan integral de saúde da muller”, espetou.

E engadeu que este Plan de emprego femenino ademáis de ser un compromiso que o Goberno da Xunta datara para antes de rematar o ano 2009 é un imperativo legal, pola cal o Núñez Feijoó está a incumplir a Lei de igualdade no traballo das mulleres en Galicia neste e noutros aspectos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar