O PP rexeita unha iniciativa para normalizar a asistencia sanitaria no CHUO

O PP rexeita unha iniciativa para normalizar a asistencia sanitaria no CHUO

O PP rexeita unha iniciativa para normalizar a asistencia sanitaria no CHUO

A deputada do Grupo Parlamentario Carmen Acuña interveu hoxe na Comisión 5 ª do Parlamento, mediante unha proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo a normalización da asistencia sanitaria no CHUO, ante o incremento de demoras e o desbordamento dos profesionais. A proposta foi rexeitada polo PP.

Alí acusou á Xerente do CHOU de montar un hospital paralelo na area de urxencias, ca xente tirada nas padiolas, mentres que as camas e as habitacións das plantas se mantiñan baleiras e tamén de paralizar os quirófanos. Nese senso emprazou ao Goberno de Feijoo a atopar solucións urxentes “porque o CHUO non pode seguir así”, espetou. E cualificou esta situación de “temeridade e intolerable”.

A deputada ourensá denunciou que o Servicios de Urxencias do CHUO sufre un colapso continuado que xa ten sido denunciado en múltiples ocasións, tanto polos sindicatos como polos profesionais. Ademais lembrou as queixas que realizadas polo Valedor do Pobo “si sen que a xerencia se inmutara”.

Acuña criticou que o Goberno de Feijoo “decidiu pechar un hospital do complexo , aludindo a tiñan mais camas que a media”. E insistiu nas súas criticas “primeiro intentárono con Piñor e como houbo lea, cambiaron e pecharon Toen”. En resumen “en Ourense hoxe hai 71 camas menos, o que supón un terzo menos do total das camas dispoñibles”.

A parlamentaria aludiu a organización sanitaria no CHUO “tiveron o gran lio cando non tiñan empezado nin os fríos nin as gripes, e tamén cando o hospital estaba baleiro por ter paralizada completamente a actividade cirúrxica”.

Na súa intervención denunciou que a día de hoxe “aínda non publicaron as listas de espera, que xa levan un mes de retraso, un mes maquillando cifras intolerables”.

Reducción de persoal

No que se refire á contratación de persoal dixo que coa xestión do PP “foise reducindo moitísimo o persoal”. Sinala que estas políticas laborais no CHUO dan como resultado “unha plantilla sanitaria insuficiente”. E advertiu que o Goberno de Feijoo suprimiu tamén as presenzas dos especialistas no centro.

Novos chiringuitos

Ademais tamén explicou “que por mor da falla espazo crearon múltiples chiringuitos ou almacéns de pacientes, como por exemplo a unidade de corta estancia, de observación, de transito, de ingreso transitorio”. Así as cousas advirte que estes espazos non reúnen as condicións adecuadas para permanecer nelas mais que unhas horas “nunca días”. Dixo que estes espazos “non contan con persoal asignado e adecuado para poder prestar os coidados necesarios “.

Acuña denunciou que trala reorganización do funcionamento deste servizo por parte da Xerencia, afirma que o CHOU presentaba unha porcentaxe de ingresos moi elevado, e a relación entre os doentes que acoden a urxencias e os que se quedan ingresados era superior o 21%. Asevera que a estratexia do PP “foi reducir esta porcentaxe como fora , para maior gloria da xerente e do seu consorte” .

Dixo que o Goberno do PP “decidiu simple e unilateralmente que se estaban a ingresar moitos pacientes de urxencias e que a partir de agora non se ía ingresar a ninguén”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar